A LONGAMETRAXE ‘TODOS VÓS SODES CAPITÁNS’ DO GALEGO OLIVER LAXE ESTREARASE EN CANNES

23 / 04 / 2010

O Festival de Cannes acollerá a estrea da ópera prima do galego Oliver Laxe o vindeiro mes de maio. Esta longametraxe escrita, dirixida e protagonizada polo  propio Laxe, rodouse en Marrocos a partir dun obradoiro de pedagoxía con rapaces en risco de exclusión social. O creador coruñés será o único cineasta español en Cannes.

‘Todos vós sodes capitáns’, está producida polo seu director e por  Zeitun Films. A obra tamén recibiu unha axuda de 30.000 euros da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Ainda que Laxe será o único cineasta español en Cannes, o festival contará con proxectos apoiados por capital español como Biutiful, con Javier Bardem ás ordes do mexicano Alejandro González Iñárritu, e da nova película do portugués Manoel de Oliveira, Angelica.

Tamén contan con participación española no presuposto Uncle Boonme, do tailandés Apitchapong Weerasethakul, e La Mirada invisible, do director arxentino Diego Lerman.

Categoría: Noticias
Etiquetas: