A Gala dos Premios Mestre Mateo 08 terá lugar o día 30 de abril na cidade de Pontevedra, no Pazo da Cultura. Na presente convocatoria aos premios promovidos pola Academia Galega do Audiovisual compiten 148 obras nas 12 categorías de producións, ademais dos profesionais que se presentan nas outras 16 categorías. O alto número de obras aspirantes aos galardóns supón unha cifra récord na historia dos Premios Mestre Mateo, que este ano acadan a súa sétima edición.
Nesta ocasión, Jorge Coira será o director do espectáculo de entrega dos galardóns do Audiovisual Galego, mentres que do guión encárgase Carlos Portela. Unha vez feitas públicas -o pasado luns día 2-, as candidaturas definitivas, agora comeza o proceso de votación dos membros da Academia. O día 12 de marzo faranse públicos os finalistas nas 28 categorías ao que seguirá a segunda rolda de votacións. Os gañadores… no Pazo da Cultura de Pontevedra, o 30 de abril.