A escola de Imaxe e Son de Vigo vén de organizar os Workshops de Audio/Vídeo con Dígico-Meyer Sound e con Roland que terán lugar no Plató 2000 hoxe xoves e o próximo martes 25 de xaneiro en horario de mañá e tarde. Esta acción formtiva será de balde e estará aberta a profesionais, estudantes e/ou interesados na industria audiovisual.