A ESCOLA DE IMAXE E SON DE SOMESO CELEBRA O SEU 50 ANIVERSARIO

9 / 11 / 2010

Este ano cúmprese o medio século de existencia da Escola de Someso, á que posteriormente se engadirían as especialidades de Imaxe e Son. Fundada pola antiga Organización Sindical como Centro de Formación Profesional Acelerada nº 5.

O centro colleu naquela época un grande prestixio como institución docente, na que se formaron 11.530 profesionais dos distintos oficios. Os actos centrais deste aniversario serán este venres 12 as 11:00 no salón de actos da IES Imaxe e Son coa asistencia do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo e do Alcade da Coruña, Javier Losada.

Ese día a Radio Coruña Cadena Ser realizará o seu programa matinal en directo dende o patio central da Escola de Someso. Durante as 3 semanas seguintes estarán abertas ao público diferentes exposicións, galas e as xornadas de portas abertas que se detallan no arquivo adxunto.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: