A CURTAMETRAXE ‘DIES DEI’ OBTÉN O SEGUNDO PREMIO EN TORRELAVEGA

1 / 06 / 2010

A curtametraxe Dies dei de Nani Matos volve a ser premiada, esta vez no ‘XI Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega’, onde acadou o segundo premio na sección de Video Dixital. O festival celebrouse esta pasada fin de semana na localidade cántabra.

Este premio súmase aos recoñecementos que recibiu a obra dende a súa estrea.  Así, a ópera prima do pontevedrés obtivo,o pasado mes de marzo, o terceiro premio do xurado e o premio do público na séptima edición do festival Internacional de Cine Solidari, CLAM 10, celebrado na localidade catalana de Navarclés.

Por outra banda, en datas previas, a curtametraxe ‘Dies dei’ foi seleccionada para o FESCIGU 09, dentro da sección de Cine Comprometido, e mais recentemente, no mes de abril, no Festival Internacional de Cine Pobre de Cuba, organizado polo Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC) e o Ministerio de Cultura e os Gobernos de Holguín e Gibara.

Esta curta conta como protagonistas a Xan Cejudo e Mela Casal, nun reparto de luxo onde tamén participan Camila Bossa, Susana Dans ou Luis Iglesia entre outros. A historia que se conta en “Dies Dei” é unha historia intimista, de sentimentos encontrados e entrelazados, de como transcorre a vida dunha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soidade, enfermedades, etc.

Categoría: Noticias
Etiquetas: