A CREACIÓN DE FORMATOS AUDIOVISUAIS E O MARKETING DE MARCAS NO CICA

2 / 01 / 2009

Talinka Martínez, Directora do Área Internacional de ZZJ, productora que se adica á creación e venda de formatos audiovisuais, explicará aos alumnos de CICA (Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais), as canles precisas para comercializar un formato audiovisual propio a nivel internacional. O vindeiro venres, 6 de febreiro, falará tamén dos ingredientes necesarios para determinar que un formato teña proxección, a produción e a comercialización do mesmo.
Durante a xornada do sábado, Victor López, Director Xeral de Vodka Capital mostrará aos alumnos o “Brand Entertainment e os novos modelos de financiamento en marketing e publicidade”. Un dos obxectivos desta disciplina do marketing publicitario (que consiste en que a marca cree contido, entreteñemento e experiencias ao consumidor) é chegar ao corazón do usuario. A comercialización de marcas nestes novos sistemas publicitarios estará unida á televisión, ao móbil e aos xogos.

Categoría: Noticias
Etiquetas: