A longametraxe documental escrita e dirixida por Carlos Larrondo compite na sección oficial polo premio á mellor película de Non Ficción.
Coproducida por Filmanova Invest e a produtora catalana Bausan Films e coa participación de TVE , “LT22, Radio La Colifata” é unha longametraxe documental na que se retrata o día a día nunha emisora de radio xestionada íntegramente polos internos do Hospital Psiquíatrico J.T. Borda de Bos Aires. “Radio La Colifata” se grava e emite desde os xardíns do Hospital e se escoita en todo o mundo. Unha radio que cuestiona o límite entre a loucura e a razón; unha radio que rompe o muro que separa “cordos” de “tolos”.

Con música orixinal de Manu Chao, a película gravada en Arxentina, España, Francia e Italia, ten previsto o seu pase o venres 30 de novembro.

Así mesmo, “Radio La Colifata” ven de ser seleccioada no “ Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana”, Cuba, que terá lugar na capital do país caribeño do 4 ao 14 de decembro.

Máis información en image.net