A ASOCIACIÓN GALEGA DE GUIONISTAS, COA COLABORACIÓN DA SGAE, DESENVOLVE O SÁBADO 6 E O DOMINGO 7 UN SEMINARIO DE PRODUCCIÓN PARA GUIONISTAS.

2 / 11 / 2010

O seminario ten como obxectivo proporcionarnos os coñecementos necesario para saber adaptar os productos que os guionistas creamos ás necesidades de contidos e formatos que demanda o mercado, e coñecer que clientes potenciais teñen os nosos proxectos.

Alfonso Blanco (productor de “Matalobos”, “A vida por diante”, “Padre Casares”, “El menor de los males”, “De bares”, “Mareas Vivas”, etc) é o profesional que impartirá o curso. O seminario desenvolverase na sede da SGAE de Santiago de Compostela en horario de 10 a 4, cunha breve pausa para un tentempé á 1.

É gratuito para os socios de AGAG, o mesmo que para parados e estudantes. Para o resto dos asistentes, o precio é de 20 euros. Para inscripcións, escreber a guionistasgalegos@gmail.com proporcionando nome, teléfono de contacto, profesión e situación laboral.

Categoría: Noticias
Etiquetas: