A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL LÁIANSE DO FINAMENTO DE PEDRO AMALIO LÓPEZ

25 / 06 / 2007

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual manifesta a súa dor pola perda do realizador Pedro Amalio López, finado hoxe en Madrid á idade de 77 anos. Precisamente, foi a A.G.A. a entidade que entregou o derradeiro galardón de recoñecemento pola súa traxectoria profesional e a súa lligazón con Galicia, na última Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo, celebrada o pasado mes de maio.
A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL LÁIANSE DO FINAMENTO DE PEDRO AMALIO LÓPEZ

O último galardón recibido polo realizador de tv produciuse en Galicia: o Premio de Honra Fernando Rey pola súa traxectoria e ligazón a Galicia

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual manifesta a súa dor pola perda do realizador Pedro Amalio López, finado hoxe en Madrid á idade de 77 anos. Precisamente, foi a A.G.A. a entidade que entregou o derradeiro galardón de recoñecemento pola súa traxectoria profesional e a súa lligazón con Galicia, na última Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo, celebrada o pasado mes de maio.

A A.G.A. manifestou á familia de Pedro Amalio López o seu pesar polo pasamento deste realizador de tv, tan ligado ó nacemento e posta en marcha da TVG, feito polo que sumado á súa traxectoria profesional- fíxoo merecente deste recoñecemento por parte da Academia Galega do Audiovisual.

Artífice do mítico Estudio-1 de TVE e primeiro Premio a Toda unha Vida en 1998 da Academia de TV, considerado ademais como o pai dos dramáticos na pequena pantalla. Con Pedro Amalio López, vaise un cacho da historia de TVE, pero vaise tamén un gran profesional, un gran compañeiro, e un gran mestre.

Algo sobre Pedro Amalio López

Natural de Madrid (1929), realizador de TVE e membro da Xunta Directiva da Academia das Ciencias e das Artes de TV ata o ano pasado, foi pioneiro da tv en España.

Formou parte en 1956 do cadro de persoal fundacional de TVE dende as instalacións do Paseo da Habana, onde se encargou da dirección de Programas. Na tempaña 1961/62, asumiu a realización da serie de Adolfo Marsillach Silencio se rueda, realizando durante estes anos obras como Dulcinea, Edén término, El viaje sin equipaje, Peribáñez, El Perro del Hortelano, La venganza de Don Mendo, Rinoceronte, Carlota…

Las brujas de Salem, con Gemma Cuervo, e a montaxe de Julio César, coa que por vez primeira nun espazo destas características, sacou ás cámaras á rúa.

Galardonado en 1967 coa Placa de ouro do Festival de Berlín –o primeiro premio internacional obtido na súa historia por TVE –pola obra Un mundo sen luz.

Con Jaime de Armiñán realizou a serie Las doce caras de Juan. En 1970 logra un éxito arrollador dentro do programa Novela e a súa realización de El conde de Montecristo, con Pepe Martín como protagonista. Un ano maís tarde aborda Los tres mosqueteros e La muerte de un viajante.

Director de produción de TVE, traballou nos comezos da Televisión de Galicia e foi director adxunto de Programas de TVE en 1987. A principios dos anos 90 encargouse da coordinación de telecomedias como Habitación 503 ou Aquí no paga nadie.

O derradeiro Premio recibido foi o de Honor Fernando Rey, concedido pola Academia Gallega del Audiovisual (o 9 de maio de 2007), que malia que non puido asistir precisamente por mor da súa enfermidade, enviou un vídeo gravado no que recollía o seu agradecemento á A.G.A.

Etiquetas: