63 PRODUTORAS E 125 TRABALLOS OPTAN ÓS PREMIOS MESTRE MATEO DESTE ANO NA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

4 / 01 / 2007

Un 55% de empresas Produtoras máis que na convocatoria do ano pasado, preséntanse desta volta ós Premios Mestre Mateo polo momento, pendente aínda de recibírense máis producións por correo postal enviadas dentro do prazo regulamentario. Son 63 as Produtoras que enviaron traballos, anque nalgúns casos, unha soa Produtora presenta distintos produtos, ben exclusivos ben coproducidos. O nº de traballos presentados ascende a 125, incrementándose este ano nun 26% respecto do ano anterior.
63 PRODUTORAS E 125 TRABALLOS OPTAN ÓS PREMIOS MESTRE MATEO DESTE ANO NA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

Das empresas presentadas, varias optan a distintas producións, e anque xa rematou o prazo, estase pendente de recibir máis candidaturas por correo

A Coruña, 4 xaneiro 2007

Un 55% de empresas Produtoras máis que na convocatoria do ano pasado, preséntanse desta volta ós Premios Mestre Mateo polo momento, pendente aínda de recibírense máis producións por correo postal enviadas dentro do prazo regulamentario. Son 63 as Produtoras que enviaron traballos, anque nalgúns casos, unha soa Produtora presenta distintos produtos, ben exclusivos ben coproducidos. O nº de traballos presentados ascende a 125, incrementándose este ano nun 26% respecto do ano anterior.

Estas cifras son aínda, como se dí anteriormente, provisionais, dado que estase á espera da recepción de máis traballos enviados antes do 2 de xaneiro, data na que remataba o prazo de presentación, abríndose así o proceso de selección de traballos por parte da Comisión correspondente para corroborar se os traballos presentados cumplen os requerimentos esixidos nas Bases que rexen a convocatoria, sendo este o primeiro ano en que a Academia conta cun organismo semellante integrado exclusivamente por profesionais do sector. Unha vez elaborada a listaxe de candidaturas, comezará o proceso de votación por parte dos socios, que culminará coa Gala dos Premios Mestre Mateo 06 que se celebrará na vindeira primavera, e que arroxará os resultados das votacións en cada unha das 25 categorías en que se distribúen estes Premios.

Etiquetas: