Un total de 45 películas comporán o programa da VIII edición do Festival, que voltará a Compostela entre o 23 e o 30 de Outubro. A lista de filmes xa é de dominio público dende o 3 de agosto e pode consultase na páxina web do Festival.

Os membros da organización recalcaron a laboriosidade do proceso, debido á alta participación rexistrada e á elevada calidade exhibida polos traballos. Cabe destacar a gran diversidade temática que presentan as películas, así como a importante presenza de coproducións euroárabes. O maior número de  producións de países árabes procede de Arxelia, Líbano e  Palestina. Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes.

As obras seleccionadas serán proxectadas nas sedes do Festival e as curtametraxes, tanto documentais como de fición, poderán verse, como xa sucedera na pasada edición, a través da web www.amalfestival.com.

Como aperitivo do que sucederá durante a Semana Oficial, o público poderá desfrutar dunha selección de películas que xa pasaron polo Festival incluidas na programación do Festival dos Abrazos organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.

Baixo o título Palestina Sempre Presente, os días 11, 18 y 25 de agosto, a partires das 22.00 horas, todos aqueles que se acheguen ate a Rúa Xerusalén poderán desfrutar dunha selección de proxectos de fición e documentais de xeito totalmente gratuito.