MÁIS DE 2.000 PERSOAS ASISTIRON AO FESTIVAL DE CURTAMETRAXES AO AIRE LIBRE «CURTAS NA RÚA»

5 / 08 / 2011

Confidencias de una cama, ¿De qué se ríen las hienas?, El orden de las cosas e No me ama foron os preferidos polo público do V Festival de Curtametraxes ao Aire Libre «Curtas na rúa», que se celebrou do 26 ao 29 de xullo en Vigo, organizado polo Centro Comercial Aberto Zona Centro.

 

Os máis de 2.000 asistentes ás proxeccións, que tiveron lugar na rúa Londres da cidade galega, detrás do Museo de Arte Contemporáneo MARCO, foron os encargados de elixir aos gañadores do festival, mediante votación. Os vencedores recibirán como premio un trofeo. Ademais, a organización facilitaralles a súa proxección nos festivais internacionais que participaron nesta edición de «Curtas na rúa».

Categoría: Noticias
Etiquetas: