Seguindo o establecido nas bases dos Premios Mestre Mateo, poñemos á vosa disposición a listaxe provisional con todas as obras e profesionais inscritos a esta nova edición dos Premios.

Desde o 7 de xaneiro e ata o vindeiro venres día 10, as socias e socios da Academia poderán presentar alegacións sobre as obras e profesionais inscritos en prazo e forma nesta esta nova edición dos Premios Mestre Mateo.

Unha vez recibidas as alegacións, a comisión de seguimento reunirase e revisará todas as candidaturas para, posteriormente, publicarar a listaxe definitiva.

Para calquera dúbida ou aclaración podes contactar coa nosa oficina no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou no teléfono 981 227 701.