Colaboración Academia Española de Cine 2012

COLOQUIO CON JOSEFINA MOLINA

A Academia Galega do Audiovisual asinou no 2012 un acordo de colaboración coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, coa finalidade dun achegamento audiovisual e cultural entre ambas entidades, tal e como xa se estableceu en 2010 coa Académia del Cinema Català.

Froito desta colaboración, neste ano 2012, as obras audiovisual gañadoras nos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” viaxaron a Madrid en xullo para seren proxectadas e dadas a coñecer entre o público madrileño.

A cambio, no mes de febreiro recibimos en Galicia á Goya de Honor desa edición, a cineasta Josefina Molina, colaborando deste xeito na homenaxe que este ano lle rendeu o cine español.

O 24 de febreiro de 2012, tras recibir o Goya de Honra na gala dos Goya, a directora de cine Josefina Molina visitou A Coruña.

Trala proxección do seu filme “Esquilache”, adaptación da novela “Un soñador para un pueblo” de Antonio Buero Vallejo, os asistentes lle fixeron chegar tódalas súas dúbidas e cuestións á pioneira cineasta Josefina na charla que estivo moderada por Chelo Loureiro, produtora e delegada de CIMA (Asociación de Mujeres Cinestas y de Medios Audiovisuales) en Galicia.

Así, a cineasta respostou ás preguntas dos asistentes falando de toda a súa traxectoria, recordando os seus primeiros pasos e dende a súa propia experiencia compatiu cos asistentes a súa forma de traballar e algunhas das anécdotas máis salientables dos seus traballos.

PROXECCIÓN EN MADRID DOS GAÑADORES DOS MESTRE MATEO

O neste mes de xuño, os días 12, 13 e 14, a sede en Madrid da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España proxectou as longas e as curtametraxes gañadoras na X edición dos Premios Mestre Mateo.

Así, exhibiranse a longametraxe “Doentes” de Gustavo Balza, a longa de animación “Arrugas” de Ignacio Ferreras e a longa documental “Tralas luces”, de Sandra Sánchez. Previamente a cada unha destas proxeccións, haberá un pase das curtas gañadoras nas categorías de ficción (“As damas negras”, de Sandra Sánchez), de animación (“El club del bromista” de Luís Usón) e a obra experimental “De amor e cantería”, de Mikel Fuentes.

Categoría: 2012 / Otras actividades