Sirāt e Antes de nós protagonizaron a gala dos XXIV Premios Mestre Mateo nunha noite que volveu poñer en valor a fortaleza do audiovisual galego. A produción dirixida por Oliver Laxe fíxose co premio a Mellor longametraxe, ademais de sumar os galardóns a Mellor música orixinal, para Kangding Ray, e Mellor son, para Amanda Villavieja.
Pola súa banda, Antes de nós, dirixida por Ángeles Huerta, foi a produción máis premiada da gala ao acadar trece recoñecementos entre as categorías artísticas e técnicas, igualando así o récord histórico de Dhogs nos Mestre Mateo. A cineasta suma ademais o seu segundo galardón á Mellor dirección. A produción destacou nunha noite de grande protagonismo feminino.
Toda a información en www.premiosmestremateo.gal

