A Academia Galega do Audiovisual convoca a XX Edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo como recoñecemento ás obras galegas estreadas entre o 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro de 2021 e aos profesionais creativos e técnicos que traballaron nelas.

Todas as obras que desexen participar e optar aos Mestre Mateo deberán inscribirse online entre o 14 de outubro e o 5 de novembro de 2021 (ata as 14:00h.), incluídas aquelas que teñan prevista a súa estrea ata o 30 de novembro de 2021.

Aquí tedes á vosa disposición as bases desta nova edición. Recomendamos que as leades atentamente, xa que foron modificadas con respecto ás de edicións anteriores. Como veredes, as modificacións están resaltadas.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa nosa oficina no correo premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 227 701 e 981 208 393, de luns a venres de 9.00 a 16.00 horas.