A ACADEMIA ESPAÑOLA DE CINE EXHIBE AS OBRAS GAÑADORAS DOS MESTRE MATEO

As longametraxes e curtametraxes gañadoras dos Premios Mestre Mateo, celebrados recentemente na cidade de A Coruña, chegan a Madrid para ser exhibidos na Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.

“PADRE CASARES” FINALIZA A GRAVACIÓN DA SÚA XI TEMPORADA, QUE CHEGARÁ Á TELEVISIÓN DE GALICIA EN OUTONO

O equipo de "Padre Casares" acaba de finalizar a gravación dos capítulos correspondentes á undécima temporada da serie. O próximo outono, a Televisión de Galicia emitirá 15 novos capítulos da exitosa ficción que, coas novas entregas, chegará ata os 159; nove máis que "Mareas vivas" todo un fito da TVG, producido tamén por Voz Audiovisual.

PERE PORTABELLA, O CINE GALEGO E O CINE INDIE ESPAÑOL, PROTAGONISTAS NA ACADEMIA DE CINE EN XUÑO

A Academia de Cine proxectará na súa sede de Madrid tres películas recoñecidas nos Premios Mestre Mateo, que celebraron a súa décima edición nunha gala de que saíron con trofeo entre outros títulos a longa documental “Tralas Luces”, de Sandra Sánchez, o filme “Doentes” de Gustavo Balza e “Arrugas”, a cinta de animación de Ignacio Ferreras. Previamente a cada unha exhibirase “El club del bromista”, galardoada na categoría de curta de animación, “As damas negras” curta de ficción gañadora, e “De amor e cantería” que se levou a estatuíña na categoría de obra experimental. Estas historias presentaranse na Academia de Cine do 12 ao 14 de xuño.

O CGAI PROXECTA ALGUNHAS DAS CINTAS GALARDOADAS NA ÚLTIMA EDICIÓN DOS PREMIS GAUDÍ

O martes 15 e o mércores 16 do presente mes de maio levaranse a cabo as proxeccións dos ganadores dos IV Premis Gaudí, que recoñecen a labor dos mellores profesionais do cinema en Cataluña, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O acto entra dentro da habitual colaboración que manteñen dende hai xa tres anos a Acadèmia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual.

A PRODUCIÓN EXECUTIVA CINEMATOGRÁFICA E A CREACIÓN DE ENTRETEMENTO CENTRAN AS PRÓXIMAS SESIÓNS DO MPXA

Emma Lustres, directora de Vaca Films, Alberto Carullo, socio e conselleiro delegado da produtora Big Bang Media, e Luis Iglesia, actor de La Fuga e de Matalobos, estarán os próximos días no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para falar respectivamente de produción executiva cinematográfica e de creación e xestión de contidos de entretemento.

OS PREMIOS MESTRE MATEO REIVINDICAN QUE A PESAR DA CRISE A CULTURA IMPORTA

A CORUÑA, 28 DE ABRIL DE 2012. Os Premios Mestre Mateo 2011 estiveron moi repartidos este ano, premiándose case co mesmo número galardóns producións de televisión, cine, animación e documentais. A longa de animación Arrugas recibiu cinco premios,  a longa de ficción Doentes outros cinco, a serie Matalobos catro, a longa documental Tralas Luces tres e a película de televisión Condesa Rebelde outros tres. A gala estivo repleta de discursos reivindicativos por parte dos organizadores, dos gañadores e do propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado por María Castro.  As máis de 900 persoas que encheron o auditorio Gaviota do Palexco de A Coruña ríron, aplaudiron e sobre todo festexaron a boa saúde creativa do audiovisual galego.

OS PREMIOS MESTRE MATEO RECOÑECEN HOXE O TALENTO DO AUDIOVISUAL GALEGO

A CORUÑA, 28 DE ABRIL DE 2012. Os Premios Mestre Mateo, os máis importantes do audiovisual de Galicia, recoñecen o talento dos e das profesionais do sector todos os anos, pero con especial importancia nesta ocasión debido ás dificultades engadidas que está a ter a industria do cine e da televisión para seguir facendo produción de calidade en plena recesión económica. A gala, que leva por título Crise, que crise? comezará en torno ás 21 horas de hoxe no auditorio Gaviota do Palexco de A Coruña e será retransmitida en directo pola TVG a partir das 22h30 horas. Tanto a Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios, como o director da gala, Ángel de la Cruz, enfocan esta noite de sábado como unha noite de celebración, de reivindicación e de unión, na que tanto os integrantes da Academia como os 107 finalistas pasarán pola alfombra vermella con ganas de compartir os éxitos propios e os dos seus compañeiros. Os finalistas tamén posarán no photocall da

ÚLTIMOS ENSAIOS E RETOQUES ANTES DA GALA DOS MESTRE MATEO ESTE SÁBADO

A CORUÑA, 25 DE ABRIL DE 2012. Apenas quedan dous días para a celebración da X edición dos Premios Mestre Mateo, que este ano terán lugar no auditorio Gaviota do Palexco da Coruña, polo que a organización da gala está xa cos últimos retoques. Tanto María Castro, mestra de cerimonias, como Luis Tosar, que participará en parte do espectáculo, xa realizaron os primeiros ensaios e volverán ao escenario do Palexco o venres e o sábado, respectivamente, para pulir os derradeiros detalles dunha gala atípica. Este ano a dirección dos premios, con Ángel de la Cruz á fronte, aposta polos números musicais, o humor, a autocrítica e, tamén, pola esperanza ante o futuro do audiovisual galego porque “o talento non está en crise”.

OS MESTRE MATEO COMBATIRÁN A CRISE CON HUMOR O SÁBADO 28 DE ABRIL NA CORUÑA

A CORUÑA, 16 DE ABRIL DE 2012. Esta mañá presentouse no Centro Ágora da Coruña a gala de entrega dos premios Mestre Mateo 2011, que terá lugar o sábado 28 de abril de 2012 no auditorio Gaviota de Palexco, na Coruña. Baixo a dirección do director e guionista Ángel de la Cruz e presentada pola actriz María Castro, a gala fará un percorrido ácido e autocrítico polas crises económicas ao longo da historia, concluíndo que "toda crise pasada foi sempre peor". A Academia Galega do Audiovisual entregaralle no transcurso da gala o Premio de Honra Fernando Rey 2011 a Dolores Ben, "unha produtora funtamental para o audiovisual galego". Interviron na rolda de prensa Jorge Coira, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Juan Carlos Fernández Fasero, Director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); a actriz María Castro, quen asumirá o papel de mestra de cerimonias da gala PMM 11; Mª Dolores Faraldo Botana,

TELEVISIÓN DE GALICIA ESTREA EMILIA PARDO BAZÁN, A CONDESA REBELDE

Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde foi dirixida e producida por Zaza Ceballos sobre un guión de Puri Seixido. Ademais da coprodución con TVG, contou coa participación de Telemadrid, Canal Sur, ETB e Canal 9, en cuxas canles será proximamente emitida.

SETE ENCONTROS ACHEGAN OS NOMINADOS AOS MESTRE MATEO 2011 AO ALUMNADO DO SECTOR

Hoxe tivo lugar en Lugo o primeiro dos sete encontros que achegarán ao alumnado das principais escolas de formación audiovisual de Galicia as experiencias e o coñecemento de preto de dúas ducias de nominados aos Premios Mestre Mateo 2011. Nos coloquios, que se estenderán ata o vindeiro mércores día 28, participarán profesionais de disciplinas diversas, dende a montaxe ou a dirección de fotografía ata a dirección e a produción. Estas xuntanzas buscan que os profesionais da industria conversen cos alumnos das escolas vencelladas co sector audiovisual e con outros profesionais sobre o seu traballo, tanto polos proxectos que resultaron nominados, como sobre a súa profesión en xeral.

156 FILMES DE 33 PAÍSES COMPITEN ESTE ANO EN ANIRMAU EN LALÍN

No 2012 contará con 156 filmes que buscarán acadar algún dos premios da segunda edición do Festival Didáctico de Animación organizado polo instituto Ramón María Aller de Lalín. Anirmau presentará en Galicia o mejor da animación mundial e converteuse no sexto en categoría dos existentes en España.

PERRO VERDE FILMS GAÑA O PREMIO Á PRODUTORA DO ANO NO CARTOON MOVIE DE LYON

La productora coruñesa Perro Verde Films ganó ayer el premio al productor del año en el Cartoon Movie de Lyon, la mayor cita europea del cine animado, donde se congregaron un total de 700 profesionales que buscaban fórmulas de financiación para sus proyectos.

FERNANDA DEL NIDO, PRODUTORA DE AGUA FRÍA DE MAR E TRALAS LUCES, ANALIZARÁ A COPRODUCIÓN INTERNACIONAL NO MPXA

Fernanda del Nido, directora de Tic Tac Producciones, falará o próximo 9 de marzo sobre o proceso de coprodución dunha película no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

ESTREA DE ANACOS NO FESTIVAL INT. DE LAS PALMAS

Anacos, a nova curtametraxe de Xacio Baño, fará a súa estrea oficial no Festival Internacional de Cine de Las Palmas, dentro da sección oficial xunto con outras 10 curtas internacionais.  O festival transcorrerá entre o 16 e o 24 de Marzo.