LISTAXE DE NOMEADOS DOS XI PREMIOS MESTRE MATEO

O pasado día 15 de febreiro deuse lectura á listaxe de nomeados para a XI edición dos Premios Mestre Mateo. Está dispoñible para a súa consulta en pdf interactivo, aquí. Comeza a segunda e definitiva rolda de votacións na que os académicos e académicas decidirán os gañadores en cada unha das categorias. O resultado desta votación será dado a coñecer na Gala dos Mestre Mateo, que se celebrará no Palacio da Ópera de Coruña o próximo día 6 de

PUBLICADO O LISTADO DEFINITIVO DE CANDIDATURAS ACEPTADAS PARA OS PMM13

Podedes consultar no link de máis abaixo a listaxe definitiva de candidaturas aceptadas para a XI edición dos Premios Mestre Mateo. No mes de febreiro coñeceremos aos nomeados que optarán a unha das prezadas estatuíñas.

LISTADO PROVISIONAL DE CANDIDATURAS ACEPTADAS PARA OS PMM13

Xa está disponible a listaxe provisional de candidaturas aceptadas para a XI edición dos Premios Mestre

REMATE DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS MESTRE MATEO 13

Este venres 23 de novembro ás 14.00h remata o prazo para facernos chegar ás vosas producións para participar nos Premios do Audiovisual Galego "Mestre Mateo".

XOSÉ MANUEL OLVEIRA “PICO”, RECIBE O PREMIO AUGUSTA NO BRAGACINE POR SINBAD

Xosé Manuel Olveira “Pico”, recoñecido actor galego, ven de gañar o pasado luns 5 de novembro o premio Augusta ao Mellor Actor no Festival de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista na longametraxe do director Antón Dobao “Sinbad”.

COMEZAN OS PREMIOS DO AUDIOVISUAL GALEGO “MESTRE MATEO” 2013

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual convoca a XI edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”, que presenta unhas bases remodeladas e cargadas de novidades.

XI Premios Mestre Mateo

Este 2013 trouxo unha vez máis moitas satisfaccións e un éxito de convocatoria na undécima edición Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo”. Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector. Actores, produtores, guionistas, directores, técnicos... que forman parte desta industria. O 6 de abril de 2013 tivo lugar a XI edición dos Premios Mestre Mateo no Palacio da Ópera de A Coruña. A gala, dirixida por Dani de la Torre e guionizada polo propio de la Torre xunto con Araceli Gonda, case conducida polo actor Ricardo de Barreiro  e presentada pola coñecida actriz Cristina Castaño non defraudou. Desde a acción, o suspense e especialmente a comedia, teceron unha gala que deparou sorpresas de principio a fin. Repartíronse un total de 25 estatuíñas, ademais do Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano foi o Xabarín Club. Así, o espectáculo estivo amenizado coa representación do musical “Os Miserables” interpretado

XII Premios Mestre Mateo

Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector que forman parte da nosa industria cos XII Premios Mestre Mateo.A gala tivo lugar o 12 de abril de 2014, nesta ocasión no Auditorio Gaviota de Palexco, en A Coruña, coa presentación de Roberto Vilar que codirixiu xunto a Giselle Llanio e co guión do propio Vilar e Manolo Cortés. Nesta duodécima edición dos premios a gala foi un encontro co público que se atopa nas súas casas e que ve e consume os produtos que produce a industria. Isto logrouse coa interacción dunha familia anónima que durante todo o evento interactuou co presentador, opinou e mesmo entregou unha das 26 estatuíñas que se repartiron.Un dos momentos máis destacados foi a presenza de Susana Dans, Mabel Rivera, Alfonso Agra, Ricardo de Barreiro, Rosa Álvarez, Guillermo Carbajo, Blanca Cendán, Ernesto Chao, Xavier Estévez e Lucía Regueiro para homenaxear ao actor e expresidente da Academia, Xosé Manuel Olveira

OS ILUSTRADORES DENUNCIAN O “ABSOLUTO DECLIVE” DA INDUSTRIA DA ANIMACIÓN GALEGA

David Rubín e Alberto Taracido comenzaron coa súa charla o IX Encontro Galego de Ilustración, que organiza a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), que se celebra hoxe no Centro Cultural Novacaixagalicia, na céntrica rúa do Vilar, en en Santiago de Compostela. Neste primeiro acto David Rubín bromeu por ser esta unha xornada adicada enteiramente a animación “nuns tempos de declive absoluto da industria da animación galega”. Para iso, expresou a súa satisfacción por “poder ter deixado ese rol profesional de lado para agora adicarme enteiramente o comic, que dame máis satisfacción”.

A ACHEGA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA OS CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS EN GALICIA NON CHEGARÁ NIN AO 3% DO INVESTIDO NO TOTAL DO ESTADO

A Academia Galega do Audiovisual quere deixar patente o seu malestar ante o recorte nas concesións de achegas aos diferentes certames galegos, que deixan a nosa comunidade cun investimento por parte do ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais) no 2,21% do total do Estado.

OS CINES MALDÁ DE BARCELONA PROXECTAN OS TRIUNFADORES DOS X PREMIOS MESTRE MATEO

Un ano máis a Acadèmia del Cinema Catalá e a Academia Galega do Audiovisual danse as mans para lograr un obxectivo común: a promoción das respectivas producións cinematográficas. O martes 16 de outubro poderanse ver nos Cines Maldà de Barcelona as gañadoras da pasada edición dos premios galegos Mestre Mateo, outorgados o 28 de abril do 2012: a mellor longametraxe, Doentes, de Gustavo Balza, filme crepuscular que narra a historia de dous perdedores na Compostela dos anos 50 e que chegou a acumular ata cinco premios; o mellor documental, As silenciadas de Pablo Ces, que entrelaza testemuñas históricas do movemento feminino e guerrilleiro antifranquista para acabar consolidándoo como alicerce crave da resistencia; e a mellor obra experimental, De amor e cantería, de Mikel Fuentes, unha curtametraxe de 13 minutos que recrea algunhas das pezas líricas do poeta galego Manuel María.

LÚAS DE OUTONO A MANUEL MARÍA, ESTA TARDE NO COLÓN

O teatro Colón acollerá esta tarde a iniciativa da Fundación Manuel María para disfrutar a partir das 20.30 horas, dun concerto en memoria do poeta galego. Lúas de Outono permitirá aos asistentes escoitar á cantante Uxía Senlle interpretando doce dos poemas do escritor de Outeiro de Rei, os cales estarán recollidos no seu novo disco, Andando a Terra.

CONTINUARMOS COAS PROXECCIÓNS DAS OBRAS GALARDOADAS NA X EDICIÓN DOS PREMIOS DO AUDIOVISUAL GALEGO MESTRE MATEO

A Academia Galega do Audiovisual continua coas proxeccións das obras gañadoras nos X Mestre Mateo no Centro Galego de Artes da Imaxe.

HOXE COMENZAN NO CGAI AS PROXECCIÓNS DAS OBRAS GALARDOADAS NA X EDICIÓN DOS PREMIOS DO AUDIOVISUAL GALEGO MESTRE MATEO

A Academia Galega do Audiovisual proxectará as obras gañadoras na pasada edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo no Centro Galego de Artes da Imaxe –CGAI-. 

A ACADEMIA ESPAÑOLA DE CINE EXHIBE AS OBRAS GAÑADORAS DOS MESTRE MATEO

As longametraxes e curtametraxes gañadoras dos Premios Mestre Mateo, celebrados recentemente na cidade de A Coruña, chegan a Madrid para ser exhibidos na Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España.