Dispoñibles os guións dos finalistas dos Mestre Mateo

O guión é o documento base de toda obra cinematográfica e televisiva; é o contenedor de tódalas ideas, de tódalas palabras e de tódolos personaxes que posteriormente cobrarán vida. Dende a Academia achegámosvos os guións dos Mestre Mateo para que analicedes e leades as historias polas que son nomeados nesta categoría dos Premios Mestre Mateo.Por primeira vez, xs académicxs poderán ler o guión antes de emitir os seus votos na rolda final, o que pode axudar a escoller entre eles.   Finalistas na categoría de Mellor Guión: O Descoñecido - Alberto Marini Era Visto! - Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía Hospital Real - Carlos Portela e Lidia Fraga Lobos Sucios - Paula Cons, Felipe Rodríguez, Noelia del Río e Carmen Abarca Serramoura - Alberto Guntín, Víctor Serra e Xosé

Nomeados corrixidos dos XIVPMM a 17/03

XIV Premios Mestre Mateo - Listado Definitivo de finalistas     Finalistas por número de nominacións   O Descoñecido 16 Mellor longametraxe, Interpretación masculina protagonista (Luís Tosar), Interpretación masculina de reparto (Javier Gutiérrez), Interpretación masculina de reparto (Fernando Cayo), Interpretación feminina (Paula del Río), Interpretación feminina de reparto (Elvira Mínguez), Dirección (Dani de la Torre), Dirección de fotografía (Josu Incháustegui), Dirección de arte (Juan Pedro de Gaspar), Dirección de produción (Carla Pérez de Albéniz), Guión (Alberto Marini), Montaxe (Jorge Coira), Música orixinal (Manuel Riveiro), Son (David Machado,Nacho Arenas, Jaime Fernández), Vestiario (Ana López), Maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo, Noé Montes).   Lobos Sucios 14 Mellor longametraxe, Interpretación masculina de reparto (Ricardo de Barreiro), Interpretación feminina protagonista (Marían

Comunicado da Xunta Directiva

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual vese na obriga de informar que un erro notarial no reconto dos votos para a elección dos finalistas na décimocuarta edición dos premios Mestre Mateo alterou o resultados anunciados o pasado luns. A xunta directiva lamenta profundamente a situación que este erro orixina e os prexuízos que os cambios supoñen para os artistas e as obras que foron sinaladas como finalistas como consecuencia deste erro. A Academia Galega do Audiovisual solicitou do notario unha revisión do reconto dos votos emitidos e unha comprobación co reconto inicial e cos resultados rexistrados na primeira acta notarial. O resultado das comprobación sinalou que hai trece candidaturas afectadas polo erro no primeiro reconto notarial (Comunicador/a TV, Dirección, Guión, Interpretación feminina protagonista, Interpretación masculina de reparto, Montaxe, Música orixinal, Programa de TV, Realización, Serie TV, Vestiario, Videoclip e Anuncio

A Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer o vindeiro luns os nomeados nos premios Mestre Mateo

O vindeiro luns, 14 de marzo, a Academia Galega do Audiovisual dará a coñecer os nomes das obras e candidatos finalistas aos premios Mestre Mateo, que este ano cumpren a súa décimocuarta edición. Trala primeira rolda de votacións, os membros da AGA escolleron catro nomeados en cada unha das 25 categorías dos galardóns. Unha vez coñecidos os nomeados en cada categoría, os socios da AGA escollerán de novo e o resultado desa votación coñecerase na gala dos Mestre Mateo que este ano se celebrará no Pazo da Ópera da Coruña o día 23 de abril.   Cando: Luns, 14 de marzo de 2016. 12.30 horas. Onde: Salón Teatro. Rúa Nova, 34. Santiago de Compostela Que: Lectura dos nomeados finalistas en todas as categorías dos premios Mestre Mateo Quen: A actriz Mabel Rivera e o actor Antonio Durán Morris, xunto co presidente da Academia, Carlos Ares.   Máis información dos

IMG_20151216_093817

A Deputación da Coruña colabora coa Academia nos PMM

O deputado da área de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira e o presidente da Academia Galega do Audiovisual asinaron un convenio polo que a Deputación da Coruña apoia a realización dos Premios Mestre Mateo. A través dun convenio de colaboración, a Deputación da Coruña compremétese a apoiar os Premios Mestre Mateo, convocatoria organizada pola Academia Galega do Audiovisual para premiar as mellores producións e profesionais do ano do cine, multimedia, publicidade, televisión e vídeo. A colaboración da Deputación cos Mestre Mateo 2015 ascende a 15.000 euros para o financiamento da actividade que consiste non só na gala de entrega dos premios senón tamén nos actos premios de lectura e xuntanza de persoas nominadas e representantes, encontros profesionais e proxección da convocatoria fóra de

A Academia Galega do Audiovisual abre o prazo para a inscrición nos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual abre o prazo para as obras que desexen participar nos Premios Mestre Mateo ata o vindeiro 4 de decembro de 2015. Por primeira vez a inscrición para poder concorrer a estes premios realizarase en liña, facilitando as fórmulas de participación nestes galardóns que pretenden salientar o mellor das produccións galegas do presente ano. Esta nova edición será a décimocuarta desde a posta en marcha dos premios e será a primeira na que todo o proceso poderá ser realizado en liña polos membros da Academia Galega do Audiovisual. Por primeira vez desde a posta en marcha dos premios, toda a participación nestes premios organizados pola AGA poderán ser resoltos desde a rede. Os interesados en presentar obras aos premios poderán facelo na web da Academia. Os académicos que voten nas dúas rondas poderán tamén facelo desde a mesma web, pero ademais os socios da AGA poderán visionar as obras presentadas a premio directamente na rede. Como nos

“A Esmorga”, “Os Fenómenos” e os fans protagonizan a gala dos Mestre Mateo

“Os Fenómenos”, cun total de 4 premios, e “A Esmorga” con 6, comparten o triunfo na XIII Edición dos Premios Mestre Mateo. “Os Fenómenos”, de Alfonso Zarauza, acadou os premios a Mellor Longametraxe, Mellor Guión, Mellor Dirección e Mellor Interpretación Feminina de Reparto. “A Esmorga”, de Ignacio Vilar, triunfou especialmente nas categorías técnicas, levándose os premios a Mellor Interpretación Masculina Protagonista, Mellor Dirección de Arte, Mellor Dirección de Fotografía, Mellor Música Orixinal, Mellor Vestiario, Mellor Maquillaxe e Perruquería. O outro filme favorito, “Schimbare”, finalmente acadou os galardóns de Mellor Dirección de Produción e Mellor Son. Outro dos grandes gañadores da noite foi Antonio Durán “Morris”, que acadou os dous premios polos que competía: Mellor Interpretación Masculina Protagonista por “A Esmorga” e Mellor Interpretación Masculina de Reparto por “Códice”. A XIII edición dos Premios

Fely Manzano: “Nunca fixen de mala malísima. E tiña ganas pero seica non dou ese perfil”

- Como valora o premio de Honra dos Mestre Mateo? - Con moita ilusión, con moito cariño. Estou abraiada, estou contenta porque é o recoñecemento dos meus compañeiros. Todos os premios están ben e podes levar moitos de xente que non coñeces e teñen valor, claro. Pero o dos teus compañeiros supón moitas cousas. - Vostede leva vivido toda a etapa profesional do audiovisual en Galicia. Como cambiou o traballo de interpretar desque comezou? - Houbo un cambio grandísimo. En todo. Cando comecei era todo moito máis precario. Había que improvisar moitas cousas e había que facer cousas sobre a marcha. Sobre todo porque había moitos menos medios. Eu traballei en Servicio de urxencias, que a dirixía Xaime Fandiño, e os estudos de gravación de hoxe comparados cos daquela parecen a NASA. Houbo un desenvolvemento dos medios moi grande e iso nótase moito. Houbo evolución, antes tamén era profesional pero había moitos menos medios. - Que bota de menos non ter feito? -

Roberto Vilar anuncia unha gala “rápida, amena e divertida”

A Academia Galega do Audiovisual celebrou a Xuntanza de Candidatos, un encontro no que se dan cita os finalistas en todas as categorías dos premios Mestre Mateo 2015. Os premios celebrarán o vindeiro 11 de abril, sábado, a súa décimo terceira edición. Será de novo no auditorio Gaivota do Palexco coruñés e voltará a ter como mestre de cerimonias ao showman Roberto Vilar. Na Xuntanza, presentada pola integrante da directiva da AGA e presentadora da TVG Irene Lourido, sinalouse a vocación dos premios Mestre Mateo por servir de escaparate para todo o sector audiovisual galego. Roberto Vilar explicou aos candidatos presentes na xuntanza algunhas das liñas xerais da gala que dirixirá, xunto con Toño López, e que presentará o vindeiro 11 de abril. A intención é facer unha gala “rápida, amena e divertida”. Sinalou Vilar que as mesmas candidaturas “xa explican por si mesmas o talento que ten o sector neste momento de madurez”. Apuntou, de cara á gala, dúas

A actriz Fely Manzano, premio Mestre Mateo de Honra en 2015

A xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual resolveu conceder o premio de Honra dos Mestre Mateo á actriz Fely Manzano (Ourense, 1942) polo seu amplo labor no mundo escénico e polo traballo realizado no audiovisual galego desde o seu mesmo inicio. Actriz de teatro, de cine e de televisión, o rostro de Fely Manzano comezou a ser familiar para as audiencias galegas trala súa aparición nas primeiras teleseries emitidas pola Televisión de Galicia, como Servizo de urxencia. Tivo personaxes fixos en series como Pratos Combinados, nas que participou nas súas 11 temporadas, Fíos ou en A vida por diante. Tamén apareceu ocasionalmente en Mareas Vivas, Padre Casares ou Escoba! Algúns dos seus títulos en cine son Urxa, A lingua das bolboretas, Lena, La rosa de Alejandría ou Un Franco, 14 pesetas. Iniciouse no teatro con obras de autores que van de Valle Inclán a Chejov. Do teatro pasou ao audiovisual, e ao mesmo tempo que asumía protagonismo nas seríes, participaba

Documentais e longas na Fundación Tic de Lugo

  Os Encontros Mestre Mateo fixeron parada na escola de imaxe e son da Fundación TIC, en Lugo. Na charla cos alumnos participaron os candidatos Antonio Caeiro de A volta dos nove, Marcos Nine director de A viaxe de Leslie e Jaione Camborda, candidata por guión en Os Fenómenos e pola dirección de arte en O ouro do tempo.  Na presentación da mesa redonda na que os tres candidatos falaron das súas experiencias coas obras aspirantes aos Mestre Mateo sumouse tamén o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. O vindeiro luns continuarán os Encontros en Vigo, con dobre cita.  Na Escola de imaxe e son de Vigo e a EGACI participarán candidatos das candidaturas de spot publicitario e curtametraxe. Jairo Iglesias  por Todo vuelve a empezar,  Xacio Rodríguez Baño por  Ser e voltar,  Ángel Manzano por Tupper, J. A. Blanco  por Vendese. Baixo Prezo. Pouco uso, e  Luís Avilés por Unary. De tarde, o Encontro terá lugar no IES de Audiovisual

De que falamos cando falamos da dirección de produción, os Encontros Meste Mateo en Ourense

Na dirección de produción recaen un sinfín de responsabilidades. Son moitas, son variadas e mesmo poden ser sorprendentes. De algunhas delas falaron tres dos candidatos aos Premios Mestre Mateo na edición de 2015 nesta categoría. Xabier Eirís por Casa Manola,  Álex G. Loisa, axudante de Ángel Seoane, por Era visto!, e Toni Veiga por Schimbare, e candidatos falaron cos alumnos do centro de A Farixa, en Ourense, que conta con ensino de produción audiovisual e de espectáculos e foron presentados por Sara Valiño, que coordina este ciclo de

Os Mestre Mateo cos alumnos de O Raio Verde

A xira dos premios Mestre Mateo polos centros con ensino audiovisual atravesou O Raio Verde para falar sobre realización. Contaron as súas experiencias os candidatos nesta categoría nos galardóns do audiovisual galego. Marcos Estebo e Diego Guerreiro por Cos pes na terra; Óscar Galansky por Ribeiras, e Gael Herrera por Qué casas! Xunto aos catro realizadores, participou na charla cos alumnos do centro compostelán a súa directora, Carmen Rábade.       Marcos Estebo - Diego Guerrero - Óscar Galansky - Gael Herrera - Carmen

Encontros Mestre Mateo, o audiovisual galego explicado nas aulas

Noia, Santiago, Ourense, Lugo e Vigo son as poboacións polas que este ano viaxan os Encontros Mestre Mateo. Nun centro educativo de cada unha delas os profesionais do audiovisuais galego explicarán aos alumnos os pormenores dos traballos polos que son candidatos para os premios Mestre Mateo que se resolverán na gala do vindeiro mes de abril. A rolda de encontros cos alumnos comeza polo IES Virxe do Mar, en Noia. A charla terá como argumento central o traballo da Dirección de Fotografía. Falarán cos alumnos Alberte Branco, coñecido como Bertitxi, responsable deste traballo en Os fenómenos e os directores de fotografía de Angrois no esquecemento, Fran Piñeiro e Marcos Budiño. Luns, 16 de marzo. No centro O Raio Verde, de Santiago, falarase da realización. Participarán Diego Guerrero e Marcos Estebo, realizadores de Cos pés na terra, Gael Herrera, Que casas!, e Óscar Galansky, realizador de Ribeiras. Martes, 17 de marzo. A seguinte parada na xira de Encontros Mestre

As longametraxes para cine, favoritas nos Mestre Mateo 2015

  A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os finalistas en cada unha das 25 categorías da edición dos Premios Mestre Mateo correspondente a 2015, edición que supón a décimoterceira nos galardóns dos premios do audiovisual galego. A primeira rolda de votacións dos académicos da AGA sitúa a A Esmorga como a máis votada entre as 111 pezas que participaban nesta primera votacións dos premios. A longametraxe suma 16 candidaturas, a seguir, figura a longametraxe Os Fenómenos que conta con 11 candidaturas. A terceira das obras máis votadas é a serie Serramoura que conta con 9 presenzas entre os finalistas. A longametraxe Schimbare está presente en 8 das categorías dos galardóns.   Nun acto celebrado no Auditorio Abanca, en Compostela, presentado pola actriz Mercedes Castro e polo actor Ricardo de Barreiro, a Academia Galega do Audiovisual deu conta de cada un dos nomes que competirán na rolda definitiva para coñecer aos gañadores dos Mestre