O VENRES 23, PROCLÁMANSE ÓS/ÁS NOMINAD@S DOS PREMIOS MESTRE MATEO 06 ÁS 11:30 NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA

Será ás 11:30 da mañá do venres 23, cando a Directiva da Academia leve a cabo o Acto de Proclamación d@s Nominad@s ós Premios Mestre Mateo 06, acto no que estará presente o Asesor Xurídico da A.G.A., así como os Medios de Comunicación. Os 25 sobres correspondentes a cadansúa candidatura das Bases dos Premios, serán abertos diante dos Medios, e de tódol@s soci@s que queiran asistir ó acto.

COMEZAN AS VOTACIÓNS PARA ELIXIR ÓS NOMNADOS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO 06 DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

A meirande parte das empresas Produtoras ou escolas que presentan candidaturas ós Premios Mestre Mateo 06, están emprazadas na provincia da Coruña: un 79 % delas. A de Pontevedra sitúase en segundo lugar, cun 15 %, e a moita distancia en nº de empresas están Lugo co 4 % e Ourense co 2 %, o que se corresponde coa implantación territorial da industria audiovisual galega. Estas cifras despréndense das candidaturas presentadas ós Premios Mestre Mateo 06 que organiza a Academia Galega do Audiovisual, e que trala xuntanza mantida esta fin de semana pola Comisión dos Premios, quedou fixada a listaxe de candidaturas a cada unha das 25 categorías que establecen as Bases que os rexen.

63 PRODUTORAS E 125 TRABALLOS OPTAN ÓS PREMIOS MESTRE MATEO DESTE ANO NA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

Un 55% de empresas Produtoras máis que na convocatoria do ano pasado, preséntanse desta volta ós Premios Mestre Mateo polo momento, pendente aínda de recibírense máis producións por correo postal enviadas dentro do prazo regulamentario. Son 63 as Produtoras que enviaron traballos, anque nalgúns casos, unha soa Produtora presenta distintos produtos, ben exclusivos ben coproducidos. O nº de traballos presentados ascende a 125, incrementándose este ano nun 26% respecto do ano anterior.

DENDE MAÑÁ DÍA 1 O AUDIOVISUAL GALEGO CONCORRE ÓS PREMIOS MESTRE MATEO 06

Dende mañá venres día 1 e ata o 2 de xaneiro, está aberto o prazo de presentación de candidaturas para optar a calquera das 25 categorías establecidas nas Bases dos Premios Mestre Mateo, abríndose así o proceso de votacións que concluirá coa Gala dos Premios que terá lugar na primavera.

MARÍA BOUZAS, RATIFICADA POLA ASEMBLEA DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, COMO NOVA PRESIDENTA

María Bouzas é xa a Presidenta da Academia Galega do Audiovisual, segundo refrendou onte a Asemblea Extraordinaria convocada pola Xunta Directiva para tratar este e outros temas que atinxen ás actividades da entidade. Por unha maioría aplastante, @s soci@s da Academia deron o seu voto ó acordo da Xunta Directiva –que someteu á aprobación d@s soci@s- para que sexa María Bouzas quen presida esta Institución que agrupa a tódolos sectores implicados no audiovisual galego, e única Academia no estado español que aglutina tanto ós profesionais do cine como da tv.

MAÑÁ VENRES 31 DIMITE A XUNTA DIRECTIVA DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

Seguindo o estipulado nos Estatutos que rexen o funcionamento da Academia Galega do Audiovisual, mañá venres 31 de marzo dimite a actual Xunta Directiva da Academia, que preside Manolo Gómez e que ten como Vicepresidentes a Miguel Anxo Fernández e a Isabel Blanco, e que esgotaron xa os 3 anos de mandato estipulados. Dende o luns día 3 de abril e ata o 15 de maio, estará aberto o prazo de presentación de Candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva, que será elixida polos socios e socias da Academia o próximo 31 de Maio.

AS LEIS DE CELAVELLA VOLVEU SER A SERIE MÁIS VOTADA NOS MESTRE MATEO 05

Un ano máis, a serie de tv As Leis de Celavella resultou a máis galardoada na noite do audiovisual galego, a Gala de Entrega dos Premios MM05 que se celebrou esta pasada noite no Pazo de Exposicións da Coruña, unha Gala á que por vez primeira na súa historia, contou coa presenza dun Presidente da Xunta de Galicia. Así o puxo de manifesto o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, quen agradeceu a súa presenza e pedíu, expresamente ó Presidente Pérez Touriño, un organismo único que represente ó sector, e que sexa transversal, onde estean presentes dende Presidencia a Cultura, Economía, Industria e outros departamentos, ademais do sector privado e as entidades financeiras, porque o esforzo ten que ser de todos, para levar o audiovisual galgo a convertelo realmente no sector estratéxico que é tanto para a nosa economía como para a nosa cultura.

O DOMINGO 19, TVG RETRANSMITE EN DIRECTO A GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS MM05 ÁS 23:00H.

Este domingo 19 de marzo, os profesionais e empresas do sector audiovisual galego ten a súa cita anual na Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 05, na que se coñecerán ós gañadores de cada unha das 25 categorías nas que se distribúen os galardóns. Coñeceranse en vivo e en directo, porque será no esceario que capitaneen Luís Piedrahita e Iolanda Muíños, os presentadores, onde se vaian abrindo cada un dos sobres que alí chegan da man do Notario, e que serán o produto das votacións que @s soci@s da Academia Galega do Audiovisual viñeron realizando nestes últimos días. A Gala será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia. A organización conta co respaldo da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a Consellería de Cultura e Deporte, o Concello de A Coruña, Caixanova e a propia Televisión de Galicia. Como colaboradores están a Fundación AISGE, GADISA, a SGAE, a Escola de Imaxe e Son de A Coruña e as empresas galegas Spica e EPC.

OS NOMINADOS ÓS PREMIOS MESTRE MATEO CELEBRAN A TRADICIONAL FESTA DOS NOMINADOS O XOVES NA CORUÑA

A Academia Galega do Audiovisual celebra o vindeiro xoves día 9, ás 21:00 hs, a súa tradicional Festa dos Nominados ós Premios Mestre Mateo 05, evento que sempre precede á Gala de Entrega dos Premios, que este ano terá lugar o domingo 19 de marzo. Esta Festa, á que acudirán os socios e socias da Academia, os Profesionais e empresas Produtoras nominadas, así coma diversos representantes institucionais como a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo, o Secretario Xeral de Comunicación Fernando Salgado, ou o Director Xeral de Comunicación Audiovisual Manuel José Fernández Iglesias, celebrarase na sala Theatre emprazada na coruñesa rúa Rei Abdulah nº 13, próxima á Praza Mestre Mateo.

XA COÑECEMOS ÓS NOMINADOS ÓS PREMIOS MM 05: As Leis de Celavella, Libro de Familia, El Sueño de una noche de San Juan ou León y Olvido, entre as máis nominadas

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer hoxe os finalistas de cada unha das 25 categorías establecidas nas Bases dos Premios Mestre Mateo 05, que optan á estatuíña que se entregará o 19 de Marzo na Coruña, no decurso da Gala de Entrega dos Premios, e que será retransmitida en rigoroso directo pola TVG. Foi esta mañá cando o presidente da A.G.A., Manolo Gómez, acompañado pola xerente Mamen Quintas, o letrado deste organismo, Miguel Lorenzo, e a xefa de Programas da TVG Ana Cermeño, abriron diante dos medios de comunicación os 25 sobres que contiñan os nomes das producións e dos profesionais nominados, é dicir, os finalistas resultantes da primeira rolda de votación que @s soci@s da Academia consideraron idóneos para optar, na que será a segunda e derradeira rolda de votacións, ó Premio de cadansúa categoría.

O XOVES 23 DE FEBREIRO, ÁS 12,30, A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL DARÁ A COÑECER EN ROLDA DE PRENSA OS NOMINADOS ÓS MM 05

Será na nova sé da entidade Caixanova na Coruña (Avda. da Mariña), o xoves 23 de febreiro ás 12,30 do mediodía, cando a Academia Galega do Audiovisual dea a coñecer a listaxe de nominados ós Premios Mestre Mateo 05, trala primeira rolda de votacións realizada polos socios da mesma. Na Rolda de Prensa estarán presentes Manolo Gómez, presidente da A.G.A., a xefa de Programas da TVG, Ana Cermeño, así como a vicepresidenta e a xerente da A.G.A., Isabel Blanco e Mamen Quintas respectivamente, e o avogado da mesma, Miguel Lorenzo.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL VOTA ÓS CATRO FINALISTAS DE CADA CATEGORÍA PARA OS PREMIOS MM05

A Academia Galega do Audiovisual comezou xa a enviar as papeletas de votación @s soci@s da mesma, para determinar ós catro finalistas, os catro nominados, de cada unha das 26 categorías que se someten a votación dos membros da AGA, unha vez realizadas e resoltas as alegacións presentadas polos mesmos. Así, terán que determinar antes do 17 de febreiro quen serán os catro nominados de entre os candidatos de cada unha das categorías estipuladas nas Bases destes Premios Mestre Mateo 05, e que posteriormente, ata o 10 de marzo, serán con esta listaxe de finalistas cos que haberá que elixir ós gañadores de cadansúa categoría. Uns gañadores que coñeceremos na Gala de entrega dos Premios, que se celebrará na Coruña no vindeiro mes de Marzo.

37 PRODUTORAS E 4 ESCOLAS E UNIVERSIDADES PRESENTARON 93 TRABALLOS PARA OS MESTRE MATEO 05

Nesta nova edición dos Premios Mestre Mateo que organiza e convoca a Academia Galega do Audiovisual, foron 37 as empresas Produtoras que presentaron, xunto con 4 Escolas e Universidades, un total de 93 traballos para o conxunto das 27 categorías establecidas nas Bases da convocatoria. No que atinxe ós profesionais que optan a este galardón, son 271 as persoas que aspiran a levarse unha estatuíña en Marzo no decurso da Gala que se celebrará na Coruña.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL CONVOCA OS PREMIOS MESTRE MATEO 05 QUE SE CELEBRARÁN EN MARZO DO ANO QUE VEN

As empresas produtoras así como os profesionais do audiovisual, xa poden presentar os seus traballos para optar ós Premios Mestre Mateo 05 que un ano máis, organiza a Academia Galega do Audiovisual, porque xa está aberto o prazo de presentación que rematará o vindeiro 23 de decembro para a recepción de traballos aspirantes ós nomeamentos. Unha das condicións que teñen que cumprir estes traballos, é que sexa estreados, emitidos ou publicados antes do 31 de decembro deste ano.

ABERTA CONVOCATORIA DOS PREMIOS MESTRE MATEO

INFORMAMOS QUE DENDE HOXE XOVES, DÍA 3 DE NOVEMBRO, E ATA O VENRES 23 DE DECEMBRO DE 2005, QUEDA ABERTA A CONVOCATORIA DOS PREMIOS DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL "MESTRE MATEO 2005". PARA LER BASES E FOLLA DE INSCRICIÓN PREME AQUI.