Foro Academia Aberta 2006

Preto de cen profesionais da fotografía cinematográfica asistiron ao Foro Academia Aberta 06. O CGAI, na cidade da Coruña, foi a sé que acolleu estes

Foro Academia Aberta 2005

Qué requisitos debe ter unha produción audiovisual para considerala galega, é o eixe sobre o que xirou o III Foro Academia Aberta que organizou a Academia Galega do Audiovisual. O evento celebrouse no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Este foro arrincou coa celebración de dous obradoiros, un dedicado á fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo obradoiro sobre arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores. Documentos: Programa FAA 2005

Foro Academia Aberta 2004

Baixo o título “Pola excepción e a identidade cultural”, a Academia Galega do Audiovisual organizou no mes de abril de 2004 a segunda edición do Foro Academia Aberta. No acto de inauguración do foro, Manolo Gómez, presidente da Academia nesas datas, insistiu na importancia do evento para o sector audiovisual, salientando que o audiovisual non ten por qué ser unha excepción na realidade social, senón unha realidade mesma que precisa cada vez unha maior articulación e desenvolvemento, de cara a consolidar o espacio que ocupa tanto no eido cultural como no industrial e económico. Documentos: Programa FAA 04