RESPONSABLE DE OFICINA

Queres axudarnos a poñer en marcha un servizo de apoio a creadores e á industria audiovisual? A Academia Galega do Audiovisual ofrece un posto de traballo coma responsable de oficina de asesoramento audiovisual con sede en A Coruña.

 

Perfil

-Precisamos alguén con iniciativa e capacidade de xestión que nos axude a poñer en marcha un novo proxecto e nos bote unha man na reestruturación necesaria para facelo eficaz. Precisamos que sexa quen de atraer colaboracións e patrocinios públicos e privados para  as actividades e coñeza de primeira man o sector audiovisual galego.

 

Responsabilidades do posto

A persoa seleccionada será a encargada de:

– Poñer en marcha e xestionar a nova oficina de asesoramento audiovisual e reestruturar a actual, para ser máis útiles para o sector audiovisual

– Experiencia acreditada no deseño, control e execución de orzamentos

– Creación e produción de actividades formativas relacionadas co sector.

 

Requisitos

– Traxectoria profesional acreditada na xestión de empresas audiovisuais e/ou de actividades culturais

– Valorarase a formación universitaria ou superior.

– Perfil de produción audiovisual.

– Nivel alto de galego falado e escrito. Nivel avanzado/alto de inglés falado e escrito. Valorables outros idiomas.

– Coñecemento do sector audiovisual galego e español.

 

Que ofrecemos

– Salario entre 20.000 e 23.000€

– Xornada completa con alta na Seguridade Social

– Incorporación en setembro

– Sede: A Coruña

 

Se encaixas no perfil e che apetece participar no desenvolvemento dun novo proxecto, envíanos o teu CV ao mail presidencia@academiagalegadoaudiovisual.gal antes do 4 de agosto. Nun prazo máximo de dez días dende esta data resolverase a adxudicación do posto.