NOVAS DO SECTOR: OS ALUMNOS DE 4º DE XORNALISMO DA USC LANZAN Á REDE exploradores urbanos

17 / 04 / 2007

40 alumnos de cuarto de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela lanzan á rede Exploradores Urbanos, unha innovadora guía alternativa da cidade. O obxectivo do sitio web (www.novosmedios.org/exploradores) é ofrecer aos visitantes de Compostela unha visión singular e diferente sobre ela mesma e as súas posibilidades de lecer, aproveitando ao máximo as posibilidades actuais da rede no uso de multimedia e en ferramentas de distribución da información.
Os alumnos de xornalismo da USC lanzan á rede EXPLORADORES URBANOS

40 alumnos de cuarto de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela lanzan á rede Exploradores Urbanos, unha innovadora guía alternativa da cidade. O obxectivo do sitio web (www.novosmedios.org/exploradores) é ofrecer aos visitantes de Compostela unha visión singular e diferente sobre ela mesma e as súas posibilidades de lecer, aproveitando ao máximo as posibilidades actuais da rede no uso de multimedia e en ferramentas de distribución da información.

O equipo de traballo rastreará a cidade en primeira persoa para atopar historias rechamantes e lugares que normalmente pasan desapercibidos nas guías convencionais. Todo isto feito cos únicos recursos técnicos que posúen os alumnos (cámaras dixitais, móbiles, etc) facilitando a proximidade á audiencia sen mermar a calidade do produto.

Os diferentes eixos temáticos que os navegantes poderán atopar son:
– A noite en Santiago. Redescubre a zona de copas da cidade localizando bares e pubs aos que se dirixen hoxe os mozos (e os non tan mozos), sen esquecer os locais característicos da noite compostelá.
– Gastronomía inesperada. Fuximos da Tarta de Santiago e do lacón con grelos para descubrir novos sabores e sensacións culinarias que nacen froito da experimentación e dun importante toque persoal.
– De compras. Saímos polas rúas da cidade para queimar a tarxeta nas tendas máis singulares de Compostela. Búscase un comercio diferente, ben polo seu produto ou pola súa historia.
– Lecer alternativo. Buscamos xeitos diferentes de pasalo ben: apuntarnos a escolas de circo, manter conversas en diversos idiomas ou participar en xogos de rol.
– A tres grados de separación. Consiste en coñecer Santiago a través de distintos personaxes e por medio do boca a boca. O protagonista de cada historia recomendará outros tres coñecidos e o público votará a quen prefire.
– O patrimonio contemporáneo. Fixamos a nosa atención na arquitectura recente de Santiago polo contraste que suscita co casco histórico.
– O patrimonio histórico que non coñeces. Saca á luz elementos e anécdotas descoñecidas das zonas tradicionais e edificios históricos de Santiago.

Exploradores urbanos /07. Descubrindo a cara oculta de Santiago Compostela é un proxecto das materias Creación de Produtos na rede e Obradoiro de Aplicacións na Rede de cuarto de Xornalismo da Facultade de CC. da Comunicación da USC baixo a coordinación do profesor Manuel Gago. A web actualizarase entre abril e xuño deste ano.

Contacto: exploradoresurbanos@gmail.com

Categoría: Novas
Etiquetas: