Presentamos nova imaxe e nova web dos Premios Mestre Mateo

3 / 02 / 2022

Para celebrar o 20 aniversario dos Premios Mestre Mateo, presentamos un novo diseño da imaxe dos premios e unha páxina web con información sobre as candidaturas, bases e calendario dos #XXMestreMateo e de edicións anteriores. A web está estruturada en apartados que facilitan a súa navegabilidade e conta tamén cunha sala de prensa con materiais para a súa descarga e unha sección de noticias e actualidade.

Para coñecer toda a información e actualidade dos premios Mestre Mateo visita https://premiosmestremateo.gal.

Categoría: Novas
Etiquetas: