Máximo histórico de profesionais inscritos nos XXIV Premios Mestre Mateo

8 / 01 / 2026

A Academia Galega do Audiovisual abriu hoxe o prazo de votacións para escoller as finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo, que celebrarán a súa gala o próximo 21 de marzo en Lugo. Ata o 28 de xaneiro, as académicas e académicos poderán votar entre as 186 producións e 565 candidaturas profesionais inscritas nesta edición, cifras récord que confirman o bo momento do audiovisual galego, con máximos históricos en longametraxes e participación profesional, así como o mellor dato de presenza feminina na historia dos premios.

Máis información na páxina web oficial dos Premios Mestre Mateo.

Categoría: Novas
Etiquetas: