XORNADA A LINGUA DO CINE. A LINGUA E O CINE NO CONSELLO DA CULTURA GALEG

26 / 04 / 2011

Crónica dunha desaparición? Sen salas, sen público, sen filmes ou talvez  poderiamos pensar en  filmes, en salas que programen os filmes, nun público en construción. Se preferimos a segunda situación temos algunhas cousas a favor:  a aposta  UNESCO  polas políticas da diversidade e a tradición europea  a prol  do cinema como expresión  das culturas nacionais. Dúas experiencias externas (Catalunya e Brasil) e un informe sobre lingua e audiovisual en Galicia serán os materiais de partida para esta xornada de debate coordinada por Margarita Ledo, da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

A sesión terá lugar o martes 3 de maio a partir das 16:15 horas e nela participarán Margarita Ledo, Ton Lladó, Miguel Anxo Fernández e Carlos Gerbase. 

Para acudir á sesión é necesario confirmar presenza no correo difusion@consellodacultura.org

Máis información en: http://consellodacultura.org/?page_id=3442

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: