‘VIOLETAS’ DE RAFA MONTESINOS ABRE O PROGRAMA DE ‘CINE AO AIRE LIBRE BAIXO AS ESTRELAS DE OURENSE

8 / 07 / 2010

Este venres comeza, coa proxección de Violetas de Rafa Montesinos, unha nova edición do programa de cine ao aire libre ‘Baixo as Estrelas de Ourense’, organizado polo Festival de Cine Internacional de Ourense e pola Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Na programación do ciclo están incluidas as películas galardonadas na 14 edición do Festival, así como os traballos máis destacados que pasaron en 2009 polo Festival.

As proxeccións terán lugar na céntrica praza de San Martiño da cidade, aos pés da Catedral, e comezarán ás 23.00 horas. No caso de que o tempo non acompañe, o Baixo as Estrelas  trasladarase até o Auditorio municipal (Rúa da Canle). A asistenza, en todos os casos, é libre e gratuita.

Cine Baixo as Estrelas de Ourense

Todos os venres de xullo e de agosto na praza de San Martiño ás 23.00h

venres 9 de xullo

Violetas | Dir: Rafa Montesinos

venres 16 de xullo

Todos os Demais | Dir: Maren Ade

venres 23 de xullo

Alicia no País | Dir: Esteban Larraín

venres 30 de xullo

O Agasallo da Pachamama | Dir: Toshifumi Matsuhita

venres 6 de agosto

Po noso que estás nos ceos | Dir: Beatriz Flores

venres 13 de agosto > Sesión Curtametraxes

Milo’s Wheels, Casual, Campás, Still, Un vaso de Soda

venres 20 de agosto > Sesión Animación

The Re Bordosa Dossier, Varmints, O pintor de Ceos, A Flor máis grande do Mundo

venres 27 de agosto > Sesión Realizadores Ourensáns

Coser e Cantar, Sala de Espera, Mulleres da Raia, Aí vén o Boi

Categoría: Noticias
Etiquetas: