A SEGUNDA EDICIÓN DO CICLO DE CINE ITINERANTE «MUJERES DE CINE» CHEGA A OURENSE

21 / 09 / 2011

A segunda edición de «Mujeres de Cine», unha mostra itinerante de películas españolas recentes realizadas por mulleres que auspicia o Instituto da Muller, con diversos apoios, continúa o seu recorrido, que o está levando, ao longo deste ano, por 15 localidades nacionais e internacionais. Do 20 ao 28 de setembro recala en Ourense onde, en colaboración co Concello, exhibiranse dúas longametraxes documentais e 9 curtas dirixidas por mulleres.

 

O proxecto «Mujeres de Cine», que aposta por reivindicar e visibilizar o traballo creativo das mulleres no ámbito da industria cinematográfica española, dada a súa escasa presencia en postos de responsabilidade, abriuse en Ourense onte martes, 20 de setembro, cunha presentación a cargo de Laura Seara, secretaria de Estado de Igualdade, que estará acompañada de Mónica Vázquez, concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ourense, María Lameiras, vicerreitora do Campus da Universidade de Vigo na cidade, e Isabel Pérez, presidenta do Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense.

Pola súa parte, hoxe mércores, día 21, exhibirase B-Side, de Eva Vila, documental calidoscópico da escena musical de Barcelona. A semana próxima tocaralles a quenda ás curtametraxes. En concreto, o martes 27 de setembro veranse Entrevista a un hombre blanco, de Beatriz Caravaggio, Illa de piedra, de Adriana Páramo, Kiss the Murder, de María Cañas, Bichos raros, de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, e La piscina, de Beatriz Mínguez; e o mércores 28, 1977, de Peque Varela, Distancias, de Pilar Mansell, Espacio simétrico, de Virginia García del Pino, e Exhibition 19, de Alaitz Arenzana e María Ibarretxe. Tódalas sesións iniciaranse ás 19:00 horas nal Aula Multiusos do Edificio Facultades do campus da Universidade de Vigo en Ourense.

Categoría: Noticias
Etiquetas: