PUBLÍCASE A LIÑA DE FINANCIAMENTO ICAA-ICO 2014 PARA PRODUCIÓN CINEMATOGRÁFICA

12 / 05 / 2014

Tras varios meses de espera, o Boletín Oficial do Estado do 10 de maio recolle a Resolución de 8 de maio de 2014, do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, pola que se publica o Convenio para o ano 2014 co Instituto de Crédito Oficial, para o establecemento dunha liña de financiamento para a produción cinematográfica e se convocan as axudas para a minoración de intereses dos préstamos concedidos.

O BOE anuncia a suscrición para o ano 2014 do Convenio de colaboración entre o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales e o Instituto de Crédito Oficial para o establecemento dunha liña de financiamento para a produción cinematográfica de longametraxes. Para ditas axudas resérvase a cantidade de 1.000.000 euros e o prazo para a presentación de solicitudes de préstamos acollidos ao Convenio e da axuda financeira do ICAA iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria, é dicir, o 11 de maio, e finalizará o 5 de setembro de 2014, inclusive.

 

Poderán solicitar as axudas e os préstamos acollidos ao Convenio as empresas privadas de produción cinematográfica, de calquera lugar de España, inscritas como tales na Sección Primeira do Rexistro de Empresas do ICAA con datos actualizados. Non poderán acceder ás axudas as produtoras cuxa película tivera sido obxecto da axuda para a produción de longametraxes sobre proxecto.

 

Resolución completa e ficha de inscrición: http://www.audiovisual451.com/wp-content/uploads/BOE-A-2014-4976.pdf

Categoría: Noticias
Etiquetas: