17 películas que abordan na súa temática as ciencias conforman a sección oficial da IV Mostra Internacional de Ciencia e Cinema, que se desenvolverá en A Coruña do 24 ao 28 de outubro organizada pola Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias (AACC), con diversos apoios. O programa tamén inclúe focos dedicados a Ben Rivers, Deborah Stratman e Bill Morrison, unha retrospectiva de documentais portugueses, e dous traballos dos pioneiros Max e Dave Fleischer.

O eixo central da Mostra é unha sección oficial, aberta a traballos que traten sobre calquera aspecto ou tema relacionado coas ciencias. Entre os 17 seleccionados figuran dous españois: Península X-Y (Juan Lesta e Belén Montero) e Wolframio, un tipo con química (Laureano Jiménez e Gonzo Bello). Ademais, concursan os portugueses Angst (Graça Castanheira) e Como as serras crescem (Maria João Soares), os holandeses Anne Vliegt (Catherine van Campen) e De Ziel van Witgoed (Susanne Engels), os franceses La linea generale (Oleg Tcherny) e Nénette (Nicolas Philibert), o alemán No Gravity (Silvia Casalino), o israelí Electric Mind (Nadav Harel), os estadounidenses Ray’s Birds (Deborah Stratman) e The City Dark (Ian Cheney), o canadense A Simple Rhythm (Tess Girard), o australiano Memoirs of a Plague (Robert Nugent), a coprodución entre Argelia e Portugal La tercera mirada (Colectivo Olhares Nomadas), a coprodución entre Chile e Francia Nostalgia de la luz (Patricio Guzmán), e a coprodución entre Estados Unidos e China The Yellow Bank (J.P. Sniadecki). Tódalas obras finalistas recibirán unha pequena compensación económica pola súa participación. Ademais, un xurado de profesionais elixirá o documental gañador do Gran Premio da Mostra, dotado con 2.000 euros. Por outra parte, un xurado formado por estudiantes de secundaria e bacharelato determinará un Premio de la Juventud, dotado con 1.000 euros.

En canto aos ciclos paralelos, este ano o evento vai dedicar focos a Deborah Stratman (no que se exhibirán, aparte do citado Ray’s Birds, otras obras súas como From Hetty to Nancy, It Will Die Out in the Mind e On the Various Nature of Things), Ben Rivers (con Slow Action e Origin of the Species) e Bill Morrison (coun programa de curtas composto por Light is Calling, Outerborough, Release, The Mesmerist e Who by Water, e a longa Spark of Being), así como unha retrospectiva de documental portugués (conformada polos tres títulos a concurso xa citados, e con outros como A flor, a formiga e a borboleta ameaçada, As horas do Douro, Encontros, Milho, Pare, ecute, olhe, Portugal, un retrato ambiental e Rememoraçoes). Tamén haberá un programa coas obras mudas dos pioneiros da animación Max e Dave Fleischer Einstein’s Theory of Relativity e Darwin’s Theory of Evolution, con narración en vivo a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. O programa da Mostra complétase cunha conferencia de Juan Herbera no CGAI, hoxe mércores 26, sobre a temática de si está en crise o mercado cinematográfico español, e cunha exposición de astrofotografías tomadas por membros da Agrupación Io. As propostas do festival repartiranse pola Fundación Rodríguez Iglesias e o CGAI, e a entrada é gratuíta a tódalas actividades.