OUFF + CINECLUBE PRESENTAN «IN THE LOOP»

9 / 02 / 2011

O Festival de Cine Internacional de Ourense proxectará a longametraxe «In the loop», de Armando Ianucci. Os interesados poden acudir ás proxeccións da mesma que terán lugar no Cinebox en dobre sesión, ás 20.30 e ás 23.00 horas. O custe dos billetes será de 4 euros.

FICHA TÉCNICA
In The Loop. Reino Unido, 2009. Cor, 106 min. Xénero: Comedia | Dirección: Armando Iannucci | Guión: Armando Iannucci, Jesse Armstrong, Simon Blackwell, Tony Roche | Produción: Kevin Loader, Adam Tandy (Aramid Entertainment Fund / BBC Films) | Fotografía: Jamie Cairney | Montaxe: Anthony Boys, Billy Sneddon | Música: Adam Ilhan, Elysian Quartet | Intérpretes: Peter Capaldi (Malcolm Tucker), Tom Hollander (Simon Foster), James Gandolfini (xeneral George Miller), Mimi Kennedy (Karen Clark), Paul Higgins (Jamie MacDonald), Gina Mckee (Judy), Steve Coogan (Paul), Chris Addison (Toby), Anna Chlumsky (Liza) | Distribuidora: Avalon Productions | Versión orixinal con subtítulos en castelán.
PREMIOS

Círculo da Crítica Nova York 2009: Mellor Guión
Oscars 2009: Nomeada ao Mellor Guión Adaptado

SINOPSE
O Presidente dos Estados Unidos e o Primeiro Ministro británico deciden iniciar unha guerra, prometendo ser rápidos. Cando Simon Foster, o Secretario de Estado británico para o desenvolvemento internacional, apoia accidentalmente a acción militar na televisión en horario de máxima audiencia, gaña sen querelo moitos amigos en Washington e moitos inimigos en Londres.

Categoría: Noticias
Etiquetas: