OH BOY PROXECTARASE MAÑÁ NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

20 / 05 / 2014

No ciclo B&W que organiza o Cineclube Padre Feijoo, mañá mércores 21 de maio proxectarase Oh Boy de Jan Ole Gerster ás 18, 20.30 e 23h.

-OH BOY-
Director: Jan Ole Gerster | Alemaña, 2012 | 83′

Sinopse: A sorte dálle as costas a Niko Fischer, trintaneiro soñador, antiheroi sen remedio. A moza cansou das súas parvadas, o pai ningunéao e até o sicólogo declarouno emocionalmente inestable. A esperanza de atopar un sitio no mundo lévao, sen un can nos petos cos que pagar os cafés de tres euros dos que tanto gosta, ao vagabundeo por un Berlín frenético a ritmo de jazz durante unha xornada de 24 horas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: