Obxectivos da Academia

18 / 12 / 2008

Como obxectivos xerais, a medio e longo prazo, a Academia propúxose:

  • Fomentar o progreso das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente coa producción audiovisual galega.
  • Promove-la asistencia e o intercambio de información científica, artística e técnica entre tódolos seus membros.
  • Realizar estudios e traballos sobre cuestións relacionadas coa producción audiovisual.
  • Facilitar á Administración Pública os informes que sobre materias relacionadas coa producción audiovisual lle sexan solicitadas, así coma propor á mesma as iniciativas que a Academia estime oportunas.
  • Editar e difundir estudios científicos, artísticos e técnicos que a Xunta Directiva estime oportunos.
  • Promover a investigación científica en materia audiovisual.
  • Establecer intercambios científicos, artísticos e culturais con entidades similares nacionais ou estranxeiras.
  • Promover o desenvolvemento e perfeccionamento das distintas especialidades relacionadas co sector audiovisual, fomentar o intercambio de experiencias entre os seus membros, coordinar os diferentes aspectos da súa actuación e analizar e resolver os problemas comúns.
  • Ademais, a Academia organizará os premios anuais ós mellores traballos audiovisuais da Comunidade Autónoma Galega.
Categoría: Noticias
Etiquetas: