«O FUTURO DA INDUSTRIA DA COMUNICACIÓN» CENTRA AS XORNADAS DO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA EN OUTONO
Alex Grijelmo, Joâo de Almeida Santos, Amalia Schirru, Eduardo Medinaveitia ou Jesús Timoteo son algúns dos conferenciantes. A industria da comunicación e o seu futuro será analiza-do tanto no contexto europeo coma no latinoamericano.
Dende o 23 de outubro e ata o 4 de decembro, todos os xoves, celebra-ranse unhas Xornadas dedicadas a analizar «O futuro da industria da Co-municación», organizadas polo Club Internacional de Prensa, e que abran-guerán na análise dos distintos aspectos que afectan ao eixe central, as realidades europea e latinoamericana, sen esquecer o contexto estadouni-dense.
Estas Xornadas, que terán lugar en Santiago de Compostela, contarán coa presenza de importantes personalidades relacionadas directamente co mundo da comunicación, como son: Joâo de Almeida Santos, asesor político do Pimeiro Ministro en Portugal, presidente da Deputación Munici-pal de Guarda e presidente da Comunidade Urbana de As Bei-ras/Comurbeiras; Alex Grijelmo, presidente da Axencia de Noticias EFE; Carlos Jiménez, Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións, presidente de Secuware; Amalia Schirru, deputada polo Partido Democrático en Italia; Eduardo Medinaveitia, director xeral técnico de Zénith Media; Carlos Fernández Esteban, enxeñeiro industrial e máster en Investigación Ope-rativa, e Jesús Timoteo, Catedrático de Periodismo e Comunicación na Universidade Complutense de Madrid e Profesor Emérito de Comunica-ción no Instituto Politécnico de Lisboa.
Participarán tamén distintos responsables de medios de comunicación de países como Brasil, Colombia, México, Cuba, Venezuela, California, Arxen-tina e Colombia, co fin de contrapoñer ou contrastar o futuro da industria da comunicación en ese tan diferente marco que supón América Latina, ou Estados Unidos.
O contido
Os cambios e perspectivas nas relacións entre os políticos, os medios e o sector da comunicación; as interfaces e os sistemas fiables na xestión da información e nas prácticas dos medios; a construción e mantemento de espazos de opinión contra as televisións e contra a industria da comunica-ción; a información e o desenvolvemento industrial do sector; o negocio converxido da comunicación e os medios que veñen; as estratexias e fe-rramentas de futuro na xestión da Información e o Coñecemento, e o tránsito do mediático ao postmediático, da información ao coñecemento, conforman boa parte dos contidos destas Xornadas.
A asistencia
Estas Xornadas están dirixidas non soamente ao estudantado da Comuni-cación nas súas diversas ramas, senón tamén -e de xeito especial- aos/ás profesionais da comunicación en todos os seus ámbitos: xestores de co-municación, xornalistas, publicitari@s, produtor@s, xestor@s de contidos, así como ás organizacións de todo tipo que utilicen a comunicación como función e ferramenta dos seus obxectivos estratéxicos.
O prazo de inscrición -a asistencia é gratuíta- estará aberto ata o 15 de outubro, no Club Internacional de Prensa de Galicia, para o que se habili-tará en brebe un procedemento específico a través da web oficial deste organismo:www.clubinternacionaldeprensa.org, sen prexuízo de que se solicite por correo electrónico (club.inter.prensa@xunta.es) o envío do Bo-letín de Inscrición.