O xornalista Carlos Carballo –socio da Academia Galega do Audiovisual- asumiu a dirección da área Audiovisual da Corporación Voz, que integrará, ademais da produtora de televisión Voz Audiovisual, o proxecto de televisión dixital terrestre e Radio Voz. David Martínez, ata agora director de comité de dirección da corporación Voz Audiovisual, deixou o posto para desempeñar o cargo de Director de Ficción en TVE. CARLOS CARBALLO -SOCIO DA A.G.A.- ASUME A DIRECCIÓN DA ÁREA AUDIOVISUAL DO GRUPO VOZ

O xornalista Carlos Carballo –socio da Academia Galega do Audiovisual- asumiu a dirección da área Audiovisual da Corporación Voz, que integrará, ademais da produtora de televisión Voz Audiovisual, o proxecto de televisión dixital terrestre e Radio Voz. Carlos Carballo pasará a formar parte do comité de dirección da corporación.

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, onde cursou tamén estudos de Dereito, Carballo uniuse á Corporación Voz procedente de TVG, onde ocupou durante 12 anos as direccións de Programación e Emisións, así como a de Servizos Informativos. Foi correspondente de guerra en Eslovenia, Croacia, Bosnia e Palestina para Telemadrid e Canal Sur, e ocupou a corresponsalía en Bruxelas para a Forta e Univisión. é profesor na Universidade de Santiago.
David Martínez, ata agora director de Voz Audiovisual, deixou o posto para desempeñar o cargo de Director de Ficción en TVE.