O vindeiro venres, día 29 de novembro, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo de Galicia organiza o Foro Constitución e Propiedade Intelectual que analizará a vertente constitucional dos dereitos de autor facendo fincapé nas conexións do mesmo con diferentes dereitos fundamentais e liberdades públicas. A xornada comezará as 9.15h no Salón de Actos da Fundación Luís Seoane (A Coruña). A entrada é de balde ata completar aforo.

Tedes o programa no seguinte arquivo adxunto.