ENCONTRO DE CINECLUBES DE GALICIA E PORTUGAL PARA A RESOLUCIÓN DO “PREMIO PRIMEIROLHAR”

2 / 05 / 2014

Federación de Cineclubes de Galicia, xunto coa Federación Portuguesa de Cineclubes, premiaran o mellor traballo documental dos alumnos das escolas do audiovisual de Galicia e Portugal, durante o encontro de cineclubes de Galicia e Portugal, que se desenvolverá os días 2,3 e 4 de maio de 2014, en Viana do Castelo (Portugal) dentro dos XIV Encontros de Cinema.

O xurado, este ano esta composto entre outros, polo director galego Eloy Enciso, Alejandro Mucientes do Cineclube Pontevedra, e Natacha Moreira, presidenta dos cineclubes portugueses. O valor dos premios do premio Primeiro olhar é de 1000 euros, atribuído entre as dúas federacións de cineclubes (Galicia e Portugal).

 

Os Encontros de Viana, son ademáis unha oportunidade de aprendizaxe e coñecemento de filmografías, por canto ofrecen unha diversidade de miradas, talleres e exposicións. Serven por outra banda, de estímulo ás escolas de cinema, reflexión, e formación activa, que conta ademais coa participación de escolas de cine internacionais, que amosan os seus traballos e xeito educativo.

 

Ademais, no Encontro de Cinema de Viana do Castelo, poderase ver unha restrospectiva de traballos de Margarita Ledo, o propio Eloy Enciso, e unha escolma das mellores curtametraxes europeas, e os traballos a concurso do premio Primeiro olhar das escolas de audiovisuais de Portugal e de Galicia, ou en cursos na área da comunicación e de documentalismo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: