COPIA CERTIFICADA, ESTE VENRES NO CGAI

12 / 01 / 2012

Mañá venres, 13 de xaneiro ás 18.15 e 20.30h terá lugar a proxección de Copia Certificada, de Abbas Kiarostami, dentro do ciclo Xéneros Mutantes.  COPIE CONFORME / COPIA CERTIFICADA   
(Francia-Italia-Irán, 2010)
Dirección e guión: Abbas Kiarostami. Produción: MK2 Productions (Francia), BiBi Film (Italia) e Abbas Kiarostami Productions (Irán). Fotografía: Luca Bigazzi. Intérpretes: Juliette Binoche, William Shimell, Jean-Claude Carrière. Duración: 102 minutos.  
Gañadora do premio á mellor actriz en Cannes 2010 e da Espiga de Ouro á mellor película en Valladolid, outra deliciosa e maxistral peza do mestre iraní Abbas Kiarostami. Unha galerista francesa e un escritor inglés coñecense nun pequeño pobo do Sul da Toscana italiana a onde el acudiu a dar unha conferencia. Filme-ensaio capaz de reinventarse segundo avanza (na liña do seu creador, cineasta do risco, a innovación e o estudo do propio estatuto das imaxes), os ecos de Te querré siempre pronto se esquecen. A riqueza e sutileza dos diálogos, o xogo conceptual e de espellos plantexado -dun xeito que semella sinxelo para o espectador- e as excelentes (e naturalistas) interpretacións son unha mínima parte das virtudes e disfrute derivados deste filme xenial.

Categoría: Noticias
Etiquetas: