O Festival Internacional de Cine de Ponferrada que terá lugar do 21 ao 28 de setembro do 2013, está especializado na promoción e difusión de obras cinematográficas e audiovisuais de contido comprometido, social, educativo e alternativo ao cine comercial.

A Asociación “A miña Retina engáname” é a entidade organizadora deste evento que ten ao Concello de Ponferrada como principal patrocinador.

O Festival presenta como principal novidade desta edición o seu carácter internacional, aberto á participación de traballos audiovisuais de calquera país ou nacionalidade. Ademais, a inscrición de películas a concurso realizarase a través de “Uptofest”, unha plataforma online de envío e inscrición de películas a Festivais onde os productores e distribuidores poden inscribir as súas películas e a súa información correspondente (ficha, fotos, biografía, filmografía…) en Festivais de todo o mundo. Constitúese nun sistema máis seguro e cómodo que substitúe ao envío tradicional de correos ordinarios.

 

- Seccións oficiais a concurso (Curtametraxes)

1) Ficción. Cine de ficción comprometido coa realidade social

2) Discapacidade. Cine e discapacidade

3) Arq. Cine, percepción espacial e concepción arquitectónica

4) Con-ciencia. Cine, medio ambiente e enerxía

5) A Mirada Solidaria. Cine solidario e dereitos humanos

6) Miradas Próximas. Cine e audiovisuais de Castilla e León

 

O prazo de envío de películas a concurso finaliza antes do 15 de xullo de 2013.

Podedes descargarvos as bases oficiais na páxina web: www.festivalcineponferrada.com ou en www.uptofest.com