O CLAG ORGANIZA UN COLOQUIO DOS PROFESIONAIS DO SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO COA DIRECTORA XERAL DO ICAA

9 / 01 / 2013

A directora xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Escénicas (ICAA), Susana de la Sierra, participará nun coloquio con produtores e profesionais do sector audiovisual de Galicia o vindeiro día 17 de xaneiro en Santiago de Compostela. Este encontro está organizado polo Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia. Os interesados en participar aínda poden inscribirse contactando co Clúster. 

Na sesión de apertura do coloquio intervirán o presidente do CLAG, Andrés Barbé, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A continuación, Susana de la Sierra explicaralles ós produtores e ó restos dos profesionais do sector audiovisual galego as diferentes liñas de apoio do ICAA á industria cinematográfica española e as súas perspectivas de futuro. Posteriormente debaterá cos participantes no coloquio sobre esta e outras cuestións de interese para o sector do audiovisual.

Os profesionais do audiovisual galego que estean interesados en participar neste coloquio aínda poden inscribirse a través do correo electrónico: comunicacion@clag.es ou no teléfono 981 941 792, indicando o nome do asistente e a empresa que representa.

Na organización deste coloquio o CLAG contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e da AGADIC.

Categoría: Noticias
Etiquetas: