O luns día 15 preséntase o Programa do II Congreso Galego Audiovisual

O vindeiro luns día 15 de novembro, preséntase en Rolda de Prensa o Programa que se desenvolverá no decurso do II Congreso Galego Audiovisual, que terá lugar en Santiago os vindeiros 16, 17 e 18 de decembro.

AMPLÍASE O PRAZO PARA ENVIAR COMUNICACIÓNS AO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

O prazo para a recepción de Comunicacións amplíase até o 30 de Outubro. Todas as persoas que o desexen poderán enviar artigos nos que expoñan os seus traballos encadrados nalgunha das áreas temáticas do II Congreso Galego Audiovisual, nos que se describan: - Estudos, análises, comparativas e outros traballos de investigación vencellados co audiovisual galego. - Casos e experiencias realizadas e iniciativas innovadoras en calquera dos eidos do Congreso. -Producións audiovisuais realizadas, impacto obtido, difusión, obxectivos conqueridos, etc. Máis información en www.congresogalegodoaudiovisual.com

O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL POTENCIA OS ENCONTROS E PRESENTACIÓNS CORPORATIVAS

A celebración de Encontros e Presentacións Corporativas no ámbito do II Congreso Galego Audiovisual que organiza a Academia Galega do Audiovisual e que se celebrará os días 16, 17 e 18 de decemebro próximos, son parte do programa previsto polo Comité Organizador deste evento que reunirá a todo o conxunto de profesionais, empresas, institucións e entidades que conforman directa e indirectamente o sector audiovisual galego, e que reunirá en Compostela ós grandes profesionais tanto galegos coma estatais e internacionais.

A Delegación deAISGE en Galicia precisa para as súas oficinas de Santiago unha persoa para o posto de Coordinador/a.

A Delegación deAISGE en Galicia precisa para as súas oficinas de Santiago unha persoa para o posto de Coordinador/a. Perfil profesional. Requírese: - Licenciado/a en Dereito, Empresariais ou Económicas. - Dotes organizativas. - Dominio do Galego (falado e escrito). - Valoraránse coñecementos en temas de propiedade intelectual. - Experiencia no sector audiovisual (non imprescindible). Os interesados enviar currículo a iblanco@arrakis.es antes do xoves día 29 de xullo.

CONTIDOS, ESQUEMA E COMITÉ CIENTÍFICO PARA O II CONGRESO GALEGO DO AUDIOVISUAL

Novas Medias, Perfís Profesionais, Contidos, Cadea de Valor, Industrias Culturais e Patrimonio Histórico, son as seis áreas definidas, coas súas correspondentes temáticas, para dotar de contidos ó II Congreso Galego do Audiovisual, segundo acordou hoxe 1 de xuño o Comité Organizador do Congreso.

MAÑÁ MARTES 1 DE XUÑO REÚNESE O COMITÉ ORGANIZADOR DO CONGRESO GALEGO DO AUDIOVISUAL

Mañá martes 1 de xuño, ás 11 da mañá, no Hotel Palacio do Carmen de Santiago de Compostela, reúnese o Comité Organizador do II Congreso Galego do Audiovisual. O Comité presentará e someterá a aprobación os contidos e a estructura do Congreso, así como a Imaxe de Identidade do mesmo. Ademais, elixiranse os membros que integrarán o Comité Científico –de expertos- que terá un peso decisivo en todo canto atinxe ós contidos que serán desenvolvidos ó longo do devandito Congreso.

A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PON EN MARCHA O II CONGRESO GALEGO DO AUIOVISUAL

Hoxe mércores, 28 de xaneiro, presidido por Manolo Gómez como Presidente da A.G.A., quedou constituído o Comité Organizador do “II Congreso Galego do Audiovisual”, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de decembro en Santiago de Compostela (Pazo de Congresos), e no que se traballará co fin de que nel participen, ademais da totalidade do sector audiovisual en Galicia, todos aqueles sectores que indirectamente forman parte del, dende a cultura, a industria, as Universidades e demais institucións vencelladas á industria audiovisual e ó seu motor creativo.

PROGRAMA DO FORO DE DEBATE SOBRE A 2ª CANLE TVG

"2ª Canle: un proxecto", é a mesa redonda que ocupará ós relatores e asistentes a este Foro na xornada da mañá. Nela participan os representantes da práctica totalidade das televisións autonómicas do estado, ademais dos representantes políticos con presencia parlamentaria. "2ª Canle: unha demanda", é a mesa redonda que se celebra pola tarde, e nela está presente a práctica totalidade das distintas actividades e profesións que integran o sector audiovisual en Galicia.

O SECTOR AUDIOVISUAL GALEGO DEFENDE A CREACIÓN DA 2ª CANLE DE TELEVISIÓN DE GALICIA

“Unha 2ª canle na TVG é necesaria para reforzar máis a autoestima como país, e para ofrecer máis plataformas de proxección da producción que se fai en Galicia”. Esta podería se-la conclusión que unifica as distintas posicións mantidas no “Foro 2ª canle TVG” celebrado o xoves en Vigo, organizada pola Academia Galega do Audiovisual e ó que aistíu unha ampla representación tanto do sector audiovisual como cultural e político de Galicia.

O XOVES 22 CELÉBRASE O «FORO 2ª CANLE DA TVG» NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO

Responsables das televisións autonómicas do estado español, os profesionais do audiovisual en Galicia, empresas do sector, organizacións e institucións culturais, e representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria no noso país (PP, PsdeG-PSOE e BNG), daranse cita o xoves 22 de xaneiro en Vigo dende as 10 da mañá –no Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz 24)- para comeza-lo proceso de debate sobre a necesidade da posta en marcha dunha 2ª canle da Televisión de Galicia. Este é o tema que centra este Foro que supón o primeiro paso do proceso que formará parte das actividades da Academia Galega do Audiovisual no presente ano 2004, segundo afirmou Manolo Gómez, presidente da A.G.A. na rolda de prensa celebrada en Vigo para presenta-lo “Foro 2ª canle TVG”. Na Rolda de Prensa estiveron presentes tamén a vicepresidenta da asociación, Isabel Blanco, a tesoureira, Marta Villar, e a xerente, Mamen Quintas.