INTENSA ACTIVIDADE TAMÉN MAÑÁ VENRES NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

Arredor de 40 profesionais participan mañá como relatores, moderadores de debates e nos encontros que terán lugar dentro do programa da segunda xornada do II Congreso Galego Audiovisual que se está celebrando en Santiago de Compostela. O programa de mañá ofrece tamén –coma hoxe- distintas actividades dentro das áreas temáticas que se abordan no congreso que se está celebrando no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.

JOSÉ MANUEL LORENZO AFIRMOU QUE A CALIDADE DO CINE ESPAÑOL CONTRASTA CO POUCO INTERESE QUE SE LLE PRESTA

O productor galego José Manuel Lorenzo, presidente do Grupo Driver, fixo da súa intervención no II Congreso Galego Audiovisual, todo un acto reivincativo a prol do cine español, aducindo que a calidade do cine español contrasta co pouco interese que se lle presta no noso país. Afirmou tamén que as televisións non cumplen a normativa de difusión de películas nacionais, o que impide o éxito do cine español.

DIÑEIRO, COPRODUCCIÓN NATURAL E CREACIÓN DE ALIANZAS SON OS MOTIVOS QUE LEVAN Á COPRODUCCIÓN

A productora danesa Lisa Lense, reflexionou na súa intervención dentro da área de Contidos –unha das seis áreas temáticas en que se divide o II Congreso Galego Audiovisual- sobre a motivación que leva á producción de películas, e concretamente, á coproducción. Para Lise Lense, existen 3 motivos fundamentais que levan á coproducción: o diñeiro, a coproducción natural (determiñada pola necesidade que xurde dun proxecto), e crear alianzas estratéxicas a longo prazo. Neste punto, a productora danesa salientou que a supervivencia non é un xeito de vida, e que se só aspiramos a producir unha película, non chegaremos a nada.

PARA O CONSELLEIRO DE CULTURA, GALICIA ESTÁ DEIXANDO DE SER PERIFERIA INTEGRÁNDOSE NUN MUNDO MÁIS GLOBALIZADO

Esta mañá inaugurouse o II Congreso Galego Audiovisual, acto ó que acudíu o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, o Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, a subdirectora do ICAA, Beatriz de Armas, o director xeral de Comunicación e Audiovisual, Ignacio Otero, e o concelleiro de Turismo de Santiago, Francisco Candela.

PARA STEPHEN FREARS, OS GUIONISTAS E ESCRITORES SON A CLAVE NA PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA

O director de cine Stephen Frears foi quen abríu a primeira xornada do II Congreso Galego Audiovisual que hoxe comezou no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Frears foi presentado por Enrique Nicarnor, director de United Media e Director de Mastercam Ecam, quen salientou a sensibilidade do cine que dirixe Frears.

O MÉRCORES PRESÉNTASE NO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

O mércores día 15 de decembro, a partir das 20:00 horas da tarde, presentarase nun acto oficial o II Congreso Galego Audiovisual nun acto ó que asistirán os Conselleiros de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, e máis o de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste. Os distintos Comités (Ejecutivo, Científico, Organizador...) do Congreso, estarán presentes no acto.

MÁIS DE 350 PERSOAS ASISTIRÁN Ó II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

A día de hoxe, máis de 350 persoas inscribíronse para asistir ó II Congreso Galego Audiovisual que se celebrará en Santiago os vindeiros 16, 17 e 18 de decembro. É de salienta-la masiva inscrición de estudantes dos distintos centros relacionados co sector: dende a Escola TIC de Lugo, a Escola de Imaxe e Son Marcote, a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago ou o Máster de Creación Audiovisual, o EIS da Coruña ou a Escola Marcelo Macías, estudantes para os que o Congreso –no caso daqueles de fóra de Compostela- creou unha tarifa especial de 50 euros, que inclúe aloxamento, almorzos e xantares.

O II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL ORGANIZA O TALLER DOCUSTELAE PARA ESTUDIANTES

A empresa Spica, delegada en Galicia das firmas Avid e Sony, patrocina o Taller Docustelae que se organiza no decurso do II Congreso Galego Audiovisual que se celebra en Compostela, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, os días 16, 17 e 18 de decembro.

PETER OLAF PARTICIPA NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL PARA FALAR DA TELEVISIÓN DIXITAL EN EUROPA E A IMPORTANCIA DA INTERACTIVIDADE

“A televisión dixital en Europa e a importancia da interactividade” é o tema que o asesor de medios interactivos da DR-Televisión e Radio Pública de Dinamarca, Peter Olaf Looms, desenvolverá nunha das Mesas que, sobre os Novos Media, se celebrará no decurso do II Congreso Galego Audiovisual.

STEPHEN FREARS, ENRIQUE NICANOR, PETER OLAF, MAIXENCHS, MAZONCILLO… SON ALGÚNS DOS RELATORES QUE PARTICIPARÁN NO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

O Comité de Organización do II Congreso Galego Audiovisual aprobou hoxe o Programa que se levará a cabo ó longo deste importante evento, durante os días 16, 17 e 18 de decembro próximos. Este Comité está integrado por 26 membros, profesionais todos eles do sector en Galicia, e que representa á práctica todalidade das actividades que integran o audiovisual.