NOVAS DO SECTOR: CAPÍTULO 35 DE A VIDA POR DIANTE: FACENDO CAMIÑO

A posible instalación dunha antena de telefonía, quebradeiro de cabeza para as protagonistas de A vida por diante. A suculenta oferta económica que recibirá Aurora pola instalación fará que dubide aínda máis da súa posible influenza na saúde dos veciños.

NOVAS DO SECTOR: PREMIO DO XURADO, EN OURENSE, PARA O FILME DE BARES, DE MARIO IGLESIAS

Mario Iglesias logrouno de novo. Se con MADRES arrasou nos máis importantes Certames de curtametraxes, con DE BARES estao facendo de novo. Este sábado, o xurado do XI Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, facía público o palmarés; Mario Iglesias lograba, con DE BARES, o Premio Especial do Xurado. Iglesias roda xa Catalina, a súa segunda longametraxe, baixo a produción de Voz Audiovisual.

NOVAS DO SECTOR: FICCIÓN PRODUCCIONES, DIAGONAL TV, TV3 E TVG, PRESENTARON A PELÍCULA PARA TV O BOSQUE DE LEVAS

O Bosque de Levas, baseada nunha novela de Alfonso Álvarez Cáccamo, e con guión de Antón Lopo e Antón Dobao, comezou a rodarse o 16 de outubro, rematándose o pasado día 11 de novembro. Unha vez editada e postproducida, será entregada á TVG e TV3 en febreiro do vindeiro ano.

NOVAS DO SECTOR: ALUMNOS DA ESCOLA DE IMAXE E SON DE LUGO ACADAN O PREMIO ESTRELLA GALICIA DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS POLA CURTA A SOGA DA SOIDADE

Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EISS), que depende da Fundación TIC, acadaron o premio Estrella Galicia de Proxectos Audiovisuais pola curtametraxe A Soga da Soidade, dentro das V Xornadas de Formación Audiovisual, que se celebraron no decurso do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense.

NOVAS DO SECTOR: O SECTOR AUDIOVISUAL DE GALICIA PRESENTA OS SEUS PROXECTOR NOS ESTADOS UNIDOS

O IGAPE, a través do seu Centro de Promoción de Negocios en Nova Yorke, partocopou na feira do mercado audiovisual máis grande do mundo, o American Film Market, celebrada en Santa Mónica (California) entre o 1 e o 9 de novembro. A asistencia de 8.000 empresas de todo o mundo, nun sector que nos Estados Unidos mobe máis de 180.000 millones de euros e en Europa supera os 99.000 millóns de euros, da idea da importancia do evento.

NOVAS DO SECTOR: OMAR MARTÍNEZ, PREMIO Á MELLOR TV MOVIE NA XXVII MOSTRA CINEMA VALENCIA

La película para televisión Omar Martínez de Pau Martínez producida por la gallega Adivina Producciones, Nadie es perfecto y Just Films ha obtenido en la XXVII Mostra de Cinema de Valencia el premio a la Mejor Tv Movie de ficción.

NOVAS DO SECTOR: CURSO de AGAPI NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

Dolores Ben Pena, Presidenta de AGAPI, Manuel José Fernández Iglesias -Director Xeral de Comunicación Audiovisual- e María Elena Veiguela Martínez -Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información- inaugurarán o luns 13 de novembro o CURSO de AGAPI NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS Á PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

NOVAS DO SECTOR: FESTIVAL DE CINE DE OURENSE: PALMARÉS 11ª EDICIÓN DO FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

Relación dos Premios do Festival de Cine de Ourense

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL TRAE A GALICIA AOS PRINCIPAIS EXPERTOS EN TENDENCIAS DE PRODUCIÓN E SERVIZOS DIXITAIS

O vindeiro día 9 comeza en Galicia oForo Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, unha convención que analizará as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega. O Foro desenvolverase a través de catro paneis de debate, que se celebrarán nas catro provincias galegas, nas cidades de Ourense -9 de novembro-, Lugo -20 de novembro-, Santiago -4 de decembro-, e Pontevedra -11 de decembro-.

O 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO, FORO ACADEMIA ABERTA 06: 16 HORAS PARA AFONDAR NA CINEMATOGRAFÍA DIXITAL E OS SEUS PRIMEIROS PASOS

Estes Encontros tentan amosar cómo se desenvolve o traballo cinematográfico nos entornos dixitais emerxentes. Queremos, dun xeito global, amosar tódolos procesos necesarios, tanto na pre-produción, a rodaxe e a posprodución para a realización dunha película longametraxe, se ben estes procesos tamén se poden aplicar a outros formatos como as TV movies, series ou documentais.