AS PRIMEIRAS PELÍCULAS FRANCESAS 2007, NO CGAI

2 / 01 / 2009

O Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10 baixo) comeza mañá venres 16 de xaneiro o ciclo dedicado ás PRIMEIRAS PELÍCULAS FRANCESAS 2007 coa proxección de LA TÊTE DE MAMAN de Carine Tardieu (20.30 horas) e NAISSSANCE DES PIEUVRES de Céline Sciamma (23.00 horas).
O ciclo está constituido por unha selección de películas francesas estreadas no ano 2007, primeiras películas de directores novos e prometedores.
En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña, o ciclo se prolongará no mes de febreiro con titulos como ANDALUCÍA e LA FRANCE.

16 de xaneiro (20.30 horas)

LA TÊTE DE MAMAN
(Francia, 2007)

Dirección: Carine Tardieu. Guión: Carinne Tardieu e Michel Leclerc. Produción: Nord-Quest Productions con UGC Images, France 2 Cinéma, M6 Films e Rhône-Alpes Films. Fotografía: Aurélien Devaux. Intérpretes: Chloé Coulloud, Karin Viard, Jane Birkin. Duración: 95 minutos

A protagonista, Lulu (15 anos), sintetiza a trama desta comedia dramática: xa hai 15 anos disto, antes do meu nacemento, a miña nai namorou dun home. Xa hai 20 anos, separáronse e este idiota cando marchou, levou con el o sorriso da miña nai. Téñoo que atopar, tenllo que devolver ou senón eu morro.

16 de xaneiro (23.00 horas) e 17 de xaneiro (20.30 horas)

NAISSANCE DES PIEUVRES
(Francia, 2007)

Dirección e guión: Céline Sciamma. Produción: Balthazar Productions, Arte / Cofinova 3, CNC. Fotografía: Crystel Fournier. Intérpretes: Pauline Acquart, Adèle Haenel. Duración: 85 minutos

Tres rapazas de 15 anos nun verán, Marie, Anne, Florian. Non hai nada que facer salvo mirar para o teito. No mudo segredo dos vestiarios os seus destinos crúzanse e xorde o desexo. Se as primeiras veces son inesquecibles, é porque non teñen ningunha lei. Premio Louis Delluc á mellor ópera prima.

Venres 23 de xaneiro (20.30 horas) e sábado 24 de xaneiro (18.00 horas)

TOUT EST PARDONNÉ
(Francia, 2007)

Dirección e guión: Mia Hansen-Love. Produción: Les Films Pélleas. Fotografía: Pascal Auffray. Intérpretes: Paul Blain, Marie-Christine Friedrich. Duración: 105 minutos

Victor vive en Viena con Annette e a súa filla Pamela. É primavera, a Victor non lle gusta traballar e pasa moitas noites fóra da casa. Annette está desgustada e conta con que as cousas cambien ao volver a París. Namora dunha toxicómana e Annette abandónao. Ópera prima dunha estimulante directora, recibiu premios en Gijón e o Louis Delluc á mellor ópera prima compartido con Céline Sciamma.

Luns 26 de xaneiro (20.30 horas)

7 ANS
(Francia, 2007)

Dirección: Jean-Pascal Hattu. Guión: Jean-Pascal Hattu, Guillaume Daporta e Gilles Taurand, sobre unha historia de Jean-Pascal Hattu. Produción: Les Films du Bélier. Fotografía: Pascal Poucet. Intérpretes: Valérie Donzelli, Bruno Todeschini. Duración: 86 minutos

Maité está casada con Vincent, que o acaban de condenar a sete anos de prisión. O locutorio do cárcere é o seu único espazo de intimidade. Vaino visitar duas veces á semana. Un día un mozo descoñecido, Jean, abórdaa á saída da prisión. Maité convértese en amante deste home. Premiada na Mostra de Valencia e no certame de Seattle.

Venres 30 de xaneiro (20.30 horas) e sábado 31 de xaneiro (20.30 horas)

DANS LES CORDES
(Francia, 2007)

Dirección: Magaly Richard-Serrano. Guión: Magaly Richard-Serrano, Pierre Chosson e Gaëlle Macé. Produción: Sunday Morning Productions e Rhône-Alpes Cinéma. Fotografía: Isabelle Razavet. Intérpretes: Richard Anconina, María de Medeiros. Duración: 93 minutos

Joseph é o encargado dun club de boxeo francés e adestra tanto á súa filla como á súa sobriña desde a infancia. O día da final dos campionatos nacionais franceses, a vitoria dunha e a derrota da outra van poñer en perigo a aparente establidade establecida entre o trío.

Sábado 31 de xaneiro (18.00 horas)

13 M2
(Francia, 2007)

Dirección: Barthélémy Grossmann. Guión: Barthélémy Grossmann, Murielle Thierin, coa colaboración de Nagar Djavadi. Produción: Nessva Films. Fotografía: Colin Wandersman. Intérpretes: Barthélémy Grossmann, Lucien-Jean Baptiste. Duración: 84 minutos

Logo dun asalto a un furgón blindado, os tres ladróns responsables da acción refúxianse nun zulo de 13 metros cadrados. Neste espazo reducido a promiscuidade exacerba as relacións, sacude a mala conciencia e pon a proba a amizade, facendo todo máis tenso e complexo. Tenso thriller dirixido, escrito, producido e interpretado por Barthélémy Grossmann.

Categoría: Noticias
Etiquetas: