Algunhas das máis recentes e premiadas producións audiovisuais de Galicia van representar a realidade da industria audiovisual galega ante profesionais de todo o mundo do 30 de marzo ao 3 de abril no Mercado Internacional dos Contidos Audiovisuais e Dixitais, MIPTV, de Cannes, nunha oportunidade que aproveitarán os empresarios galegos para promocionar as súas producións no exterior.  

Na iniciativa, organizada polo CLAG, que vai contar cun stand corporativo como plataforma para os contactos de negocios das compañías, participan 15 empresas asociadas, que presentarán un total de 33 producións, entre series de ficción, animación, documentais, formatos de entretemento, catálogos de cine para a súa explotación na pequena pantalla… etc. ao que se engaden títulos de producións distribuidas por empresas galegas.

A delegación do CLAG está composta por Abano Producións, Artemática, Continental, CTV, Ficción, Filmanova, Interacción, Isabella Audiovisual, Dygra Films, Voz audiovisual, TV7, TVG, Adivina, Perro Verde Films e Milú Films.  Durante os días do mercado o CLAG desenvolverá un intenso programa de reunións comerciais para as empresas galegas participantes, que terán a oportunidade de negociar os seus formatos televisivos con produtores doutros países no stand corporativo co que contará neste mercado, de 20 metros cuadrados, sito no pavillón central do Palais des Festivals, e a través do cal promocionará as producións e proxectos audiovisuais realizados en Galicia.  Algunhas das compañías, como Televisión de Galicia e Voz Audiovisual, asisten a este mercado para comprar novos formatos televisivos.

Outras, porén, aproveeitarán esta oportunidade para comercializar os seus propios proxectos e buscar novos socios de distribución. Perro Verde Filmes, por exemplo, presentará en Cannes a súa longametraxe de animación, “O lince perdido”, galardoado recentemente co Goya á Mellor Película de Animación. Abano Producións levará ao MIPTV os episodios da súa nova serie de animación  “A tropa de trapo” e o formato para nenos “Cóntame un conto”; a produtora Artemática levará “Os mortos van á présa”, e Continental  presentará os formatos “Connection”;  “Bruxerías”, proxecto de animación 2D en desenvolvemento;  o documental “Xitanos de Bos Aires”;  “¿E por que?” e “¿E por que2?”; e  a curtametraxe “O soldadio de ´chumbo”.  

A produtora CTV presentará en Cannes o seu documental “Rompe o día”; o programa de sketchs de humor, “Players”, en produción,  e o programa “Cámaras Ocultas”; mentras que Ficción Producciones realizará o labor comercial para “Caravana de Sabores”; as curtas de animación “A Pequena Serea” e “Pequena Gran Aventura”; o documental “Cantos Rodados”; o telefilme “A Mariñeira”; a TV movie “O Club da Calceta”; e “Entre a Dor e a Nada”, longametraxe en desenvolvemento. Isabella Audiovisual realizará contactos de distribución para “¡Polo amor de John!”, unha docu-comedia social realizada por TV7, e tratará de comercializar outros títulos con licencia como “Guerrilleros”, “Retratos nos confins do mundo”, “A selva envelenada”, “Escravos da madera”, “No valle do Río Mijares”, “Brigadistas”, “A burbulla Archelon”, “Os llanos de Venezuelo” ou “Os latexados da Terra”. TV7 levará ata Cannes outro documental “Looking for the creative beast”, que se rematará prevé para o mes de maio. O documental “Checkpoint Rock” será o prato forte co que se presenta Filmanova no MIP TV, película que retrata aos músicos da actual Palestina.

Dygra Films presentará os seus últimos proxectos de animación: “Enigmind”;  “Noite, ¿de paz?”; e a serie de TV “Fly News”, en desenvolvemento. O traballo principal de Adivina no Mercado é “O neno de barro”,  e  levará tamén as Tv movies “Mentindo á vida”, “Omar Martínez” e “Vida de familia”. Milú Films, pola súa banda, vai cos títulos “Un bo home”, drama que se estreará a finais de abril, e as longametraxes “Días azuis” e “Unha muller invisible”, producidas xunto a Continental e Tornasol Films,  Nesta edición, a organización do MIPTV preve a participación de máis de 13.000 profesionais da industria televisiva, máis de 1.700 expositores e máis de 4.500 empresas provenintes de 111 países.