Entregáronse os premios do IX Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito, que se celebrou do 2 ao11 de maio organizado polo consistorio. Na competición internacional impuxéronse a rumana 15 Iulie, a británico The Pub e a polaca Czwarty czlowiek; na competición nacional Compostelae, Voice Over, ¿Por qué desaparecieron los dinosaurios? e L’equip petit; e en Explora-Aqualogy, a estona Karbeste veski. Como mellor curta galego foi elixida Conversa cunha muller morta.

En cada unha destas catro seccións a concurso, un xurado xove concedeu sendas mencións especiais, sen dotación económica. Na internacional, foi para a produción canadense Trotteur (Trotador), de Francis Leclerc e Arnaud Brisebois; en Explora-Aqualogy, para a francesa Manque de preuves (Falta de pruebas), de Kwon Hayoun; en Compostelae, para o citado Voice Over, de Martín Rosete; e en Galicia, para Lvoluten osken (fainopormin), de Javier Camino. En canto aos premios especiais, un xurado formado por João Garçao Borges, Carlos Roma e Víctor Paz Morandeira, outorgou o premio RTP-Onda Curta, consistente na compra dos dereitos de emisión dun paquete de curtas de ata unha hora de duración por parte desa cadea pública portuguesa. Os traballos seleccionados foron o xa citado estonio Karbeste veski, o español Desanimado, de Emilio Martí, o taiwanés Xiao Tou (Ladrón), de Jay Chern, o húngaro Csicka (Bestia), de Attila Till, e o alemán Suchtgarden (Servicio de adicciones), de Jakob Lass. Pola súa banda, o premio AGAG (Asociación Galega de Guionistas) ao mellor guión, dotado con 200 euros e fallado por Sergi Belbel, Yumey Besú Payo e Alfonso de la Puente, foi para Anacos, do galego Xacio Baño; e o premio do público, dotado con 1.000 euros, para Tuba Atlantic, do noruego Witzo Jaquier, con 4,63 puntos sobre 5. Por último, Vázquez, Herrera e González entregaron outro galardón nunha competición de escolas galegas. Gañou o premio, un iPad, Cine de pobo, da Escola de Imaxe e Son de A Coruña.