AS CURTAS DOS PREMIS GAUDÍ VISITAN O CGAI

20 / 11 / 2013

A estreita colaboración que manteñen as academias galega e catalana de cinema segue a dar os seus froitos. Se onte día 19 de novembro se exhibían en Barcelona algunhas das obras galardoadas có Premio Mestre Mateo, hoxe mércores día 20 de novembro será a quenda da proxección das obras nomeadas nos premios do cinema catalán en A Coruña.

Na sede do CGAI (Calle de Durán Loriga, 10 A Coruña) terá lugar a proxección das curtas nomeadas ós V Premis Gaudí, nun acto que empezará ás 18 horas. As obras a proxectar serán “Luisa no está en casa”, de Celia Rico, que ven de gañar o premio á mellor produción española no Festival Filmets de Badalona; “Elefante”, de Pablo Larcuen; “Coup de Grace” de Clara van Gool; e “Cartas desde la locura” de Xavi Puebla. A entrada é de balde ata completar aforo.

Etiquetas: