Comeza a primeira rolda de votacións dos XVI Premios Mestre Mateo

17 / 01 / 2018

Hoxe comeza a primeira rolda de votacións da XVI edición dos Premios Mestre Mateo. Dende este momento e ata o 2 de febreiro, as e os académicos elixirán cos seus votos os 4 finalistas de cada unha das vinte cinco categorías entre as 328 candidaturas presentadas.

Aquí podedes consultar a listaxe definitiva das candidaturas aos #MestreMateo18, da que forman parte 158 obras (das cales 7 son longametraxes, 20 documentais, 7 series de televisión, 6 series web, 23 programas de televisión, 24 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 23 anuncios publicitarios e 36 videoclips), 152 produtoras e máis de 350 profesionais.

Moita sorte a todas e a todos!

Etiquetas: