A ACADEMIA CONVOCA UNHA ASEMBLEA PARA DEBATER OS CAMBIOS NOS PREMIOS MESTRE MATEO

A Academia Galega do Audiovisual convoca unha asemblea xeral para debater os cambios nos Premios Mestre Mateo. Terá un carácter aberto e, ademais dos socios, poderá participar calquera integrante do sector audiovisual galego.

ARRINCA O CALENDARIO DUNS RENOVADOS PREMIOS DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

A Academia Galega do Audiovisual presenta unha nova edición, a XIII xa, dos Mestre Mateo. Unha nova edición que vén acompañada dun profundo esforzo de renovación na principal fiestra da Academia de cara ao público: o recoñecemento  en forma de premios ao talento dos nosos creadores audiovisuais en todas as súas facetas.

AS CURTAMETRAXES DOS MESTRE MATEO E DOS GAUDÍ PROTAGONIZAN DÚAS SESIÓNS NO CORUÑAFILM

A Academia Galega do Audiovisual proxecta no marco da segunda edición do Festival CoruñaFilm, que se celebra os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro no Centro Ágora, o premiado e os finalistas á mellor curtametraxe de imaxe real e de animación dos XII Mestre Mateo e as curtas nomeadas dos VI Premios Gaudí.

CAPÍTULOS DE ESTREA DE PADRE CASARES, O PRÓXIMO MARTES

O pasado 20 de abril, a Televisión de Galicia emitía o capítulo 209 da serie "Padre Casares, último da etapa número 14 da serie en emisión máis lonxeva da canle autonómica. A serie volve á TVG esta semana, coa estrea dos capítulos correspondentes á súa tempada número quince.

INAUGURACIÓN DO CURSO 2014-2015DE O RAIO VERDE

CIPF O Raio Verde, Centro Integrado de Formación Profesional en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos celebra mañá mércores ás 11.30 horas o acto de inauguración do curso académico 2014-2015 do Ciclo Superior de FP en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos.

O ÁGORA ACOLLE O CORUÑAFILM, CON 20 ACTIVIDADES GRATUÍTAS PARA TÓDOLOS PÚBLICOS IMPARTIDAS POR LEÓN DE ARANOA, URBIZU, QUEREJETA OU CHAPERO-JACKSON

A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou o pasado xoves a segunda edición do CoruñaFilm, o encontro anual sobre a creación audiovisual a través da curtametraxe que organiza o Concello no centro Ágora entre os días 30 de outubro e 1 de novembro. 

OS GAÑADORES E FINALISTAS NESTA EDICIÓN DOS MESTRE MATEO PROXÉCTANSE NO CGAI NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

A Academia Galega do Audiovisual grazas á colaboración un ano máis do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) proxectará as obras da XII edición dos Premios Mestre Mateo do 13 ao 16 de maio. Nesta ocasión contarase coa presentación e posterior visionado das largometrajes finalistas e a gañadora, e as dúas curtametraxes que se fixeron co galardón nas súas respectivas categorías.

O público portagonizou a gala dos Mestre Mateo

 "Somos gente honrada" foi o título que dominou a duodécima edición dos premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual. Seis galardóns converteron a película de Vaca Films e El Terrat dirixida por Alejandro Marzoa na máis premiada da gala presentada por Roberto Vilar e na que o público tivo un especial protagonismo a través da familia Rey Abal que, desde a distancia, participaron na cerimonia e opinaron sobre a mesma.

MANOLO GONZÁLEZ RECIBIRÁ O PREMIO DE HONRA “FERNANDO REY” 2014

A Academia Galega do Audiovisual decidiu outorgar este ano o seu premio honorífico a unha das persoas máis relevantes do audiovisual galego, Manolo González, cuxa traxectoria profesional se desenvolveu en boa parte no ensino. O homenaxeado recibirá o Premio de Honra “Fernando Rey” na gala de entrega dos XII Premios Mestre Mateo, que terá lugar no Palexco da cidade da Coruña o 12 de abril.

DESVELADOS OS FINALISTAS DOS XII PREMIOS MESTRE MATEO

A longametraxe "Somos xente honrada" é finalista en 13 das 26 categorías da duodécima edición dos premios Mestre Mateo, segundo foi anunciado esta mañá pola Academia Galega do Audivisual nun acto presentado por Antonio Mourelos, presidente da AGA, Luís Tosar, vicepresidente, e a actriz Sabela Arán. A gala na que se coñecerán os gañadores desta edición de 2014 terá lugar o vindeiro 12 de abril no Palexco da cidade da Coruña.