85 ARTISTAS E TÉCNICOS E MÁIS DE 40 EMPRESAS AUDIOVISUAIS CELEBRAN A FESTA DOS NOMINADOS

Será o vindeiro venres día 4 de xuño cando se dean cita no Cine Capitol de Santiago (rúa Concepción Arenal 5) os 85 artistas e técnicos e as 43 Productoras e medios de comunicación audiovisual nominados para os “Premios Mestre Mateo 03” que un ano máis organiza a Academia Galega do Audiovisual. Será na “Festa dos Nominados”.

O XURADO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ELIXÍU ÓS 4 NOMINADOS DAS 5 CATEGORÍAS QUE LLE CORRESPONDE

Segundo establecen as Bases dos Premios Mestre Mateo 03, son cinco as categorías que elixe o Xurado nomeado pola Academia Galega do Audiovisual, e que preside Manolo Gómez en calidade de Presidente da propia AGA. Os finalistas, que serán elixidos xunto cos das restantes 20 categorías elixidas polos socios da Academia, darasen cita xunto ós membros desta, na Festa dos Nominados que terá lugar en Santiago o vindeiro 4 de xuño. Posteriormente, haberá que esperar á Gala dos Premios Mestre Mateo 03 para coñecer quen son os gañadores desta nova edición dos Premios.

OS SOCIOS DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL ELIXEN ÓS NOMINADOS ÓS PREMIOS “MESTRE MATEO 03”

A Academia distribuíu entre os seus socios o listado dos traballos e profesionais que se presentaron á nominación. Os votantes, escolleron catro deles en cada unha das categorías, exceptuando as de Mellor Documental, Mellor Producción Multimedia, Mellor Curtametraxe de Ficción e Mellor Curtametraxe de Animación, xa que neste caso, os catro nomeados destas catro categorías serán elixidas polo Xurado que nomea a propia Academia –composto por 5 membros máis o Presidente da mesma, Manolo Gómez- que visionan previamente os traballos presentados.

AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ÓS MM’03 ATA O 5 DE MARZO

A Academia Galega do Audiovisual decidíu amplia-lo prazo de presentación de candidaturas ós Premios “Mestre Mateo 03” ata o día 5 de marzo próximo, inclusive. Esta decisión ven dada pola ampla resposta do sector audiovisual en Galicia, á hora de envia-los seus traballos, e de cara a outorgar un maior espacio de tempo para realiza-la tramitación que as Bases de Convocatoria requiren.

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ÓS PREMIOS MM’03

O prazo de presentación de candidaturas remata o 27 de febreiro Dende o vindeiro luns día 2 de febreiro, e ata o 27 do mesmo mes, está aberto o prazo de presentación de candidaturas nas distintas modalidades dos “Premios Mestre Mateo 03” que organiza un ano máis a Academia Galega do Audiovisual. Tódolos profesionais do sector, sexan ou non membros da Academia, teñen así a posibilidade de propoñer aqueles traballos que, ó seu xuízo, merecen ser galardoados co Premio que corresponda á súa modalidade, seguindo así o establecido nas Bases da Convocatoria que se poden solicitar chamando ó teléfono da A.G.A. 981 22 77 01, na Coruña. Tamén se poden solicitar por mail, no enderezo info@academiagalegadoaudiovisual.gal.

150 PROFESIONAIS E 40 PRODUCTORAS PRESÉNTANSE ÓS PREMIOS MM’O3

A Academia Galega do Audiovisual abríu xa os prazos de votación Comeza xa o proceso de selección do xurado e de votación entre os socios da Academia Galega do Audiovisual, para elixi-los que serán galardonados nos “Premios Mestre Mateo 03”, que este ano recibe candidaturas de entidades e institucións que ata agora, non tiñan participado. Un total de 40 productoras e arredor de 150 profesionais do sector audiovisual, optan a recolle-la estatuíña que se entregará na “Gala dos Premios Mestre Mateo 03” que se celebrará a finais de maio ou comezos de xuño, anque antes, poderán celebra-lo feito de seren nominados todos eles, na Festa dos Nominados que se celebrará o 14 de maio.